Dereito penal, Novidades bibiográficas, Profesorado

Cesare Beccaria. Dos delitos e das penas

Dos delitos e das penas / Cesare Beccaria ; prólogo Luis González Guitián ; traducción Benedict Buono
Santiago de Compostela : Universidade de Santiago de Compostela, Servizo de Publicacións e Intercambio Científico : Fundación BBVA, 2011. 175 p. ; 24 cm
A87-854

Cesare Beccaria deu ao prelo Dei delitti e delle pene en 1764 na tipografía de Marco Coltellini, na cidade toscana de Livorno, a mesma instalación tipográfica que entre 1770 e 1779 daba ás prensas “l’opera inmensa dell’Enciclopedia Francese in trentatre grandi volumi”, segundo reza a placa conmemorativa dedicada en 1883 ao grande impresor. Dos delitos e das penas apareceu orixinalmente como obra dobremente anónima, xa que non consta nin o nome do autor nin o do editor. Con todo, o seu éxito foi fulminante: antes do final dese verán xa estaba esgotada a edición. Nun mes vendéronse máis de 500 exemplares e comezando setembro xa se falaba da obra en Milán. O pequeno volume tivo seis edicións nos seguintes dezaoito meses e André Morellet traduciuno ao francés en1766 incluíndo un comentario anónimo de Voltaire. En 1767 traduciuse ao inglés e posteriormente a moitas outras linguas.

Beccaria argumentou por primeira vez contra a pena de morte, para el o estado non posuía o dereito de quitar vidas e por non ser unha forma nin útil nin necesaria de castigo; avogando pola reforma do sistema penal, estableceno que a xustiza criminal debería estar conformada por principios racionais. O lector atopaba sorprendido nun libro tan pequeno unha enorme cantidade de cuestións, de ideas, que desmontaban por completo as bases do sistema penal, pero que ademáis poñían os fundamentos para a construción dun sistema novo.Dos delitos e das penas é un libro de ruptura coa tradición, un libro contra os prexuizos de séculos, contra a tiranía do costume, que é o lexislador máis común das nacións, contra a resistencia ante as ideas novas, contra a obediencia acrítica aos principios recibidos. A obra, inmortal, de Beccaria outorgou un novo código de pensamento penal á humanidade.

Luís González Guitián

Doutor en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela, é catedrático xubilado de Dereito penal na mesma universidade. En Santiago desenvolveu toda a súa carreira profesional, agás estancias na Universidade de Roma e no Max Planck Insitut para Dereito penal de Freiburg. Entre as súas publicacións salienta unha liña de investigación referida aos aspectos históricos do Dereito penal.

Advertisements

About carenal

Biblioteca Concepción Arenal da Universidade de Santiago de Compostela

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

10º Aniversario da Biblioteca Concepción Arenal
Código QR

Estatísticas do blog

  • 12,290 visitas