Dereito civil, Dereito eclesiástico e canónico, Lexislación

A Lei do Divorcio cumpre trinta anos

A primeira Lei do Divorcio da democracia, aprobada polo Parlamento o 22 de xuño de 1981, cumpre mañá 30 anos, período no que se rexistraron máis de dous millóns de divorcios e separacións en España. A lei, impulsada polo ministro de Xustiza Francisco Fernández Ordóñez, foi aceptada pola esquerda e rexeitada por Alianza Popular e parte da Unión de Centro Democrático (UCD), partido entón no Goberno.

Nese contexto, o seu articulado reflectiu as tensións vividas durante a súa tramitación pola forte resistencia mostrada por sectores conservadores e relixiosos. A norma requiría pasar un ano de matrimonio antes de pedir a separación legal e esta constituíase nun paso previo obrigatorio antes do divorcio.

Ademais, esixíase alegar causas legais de separación, entre as que se citaba o alcoholismo, a infidelidade, o cesamento da convivencia conxugal, as toxicomanías ou a violación dos deberes conxugais. Esta lei tivo un longo percorrido e non foi até o 2006 cando se reformou para eliminar a necesidade da separación previa ao divorcio e a obriga de esgrimir causas para a ruptura.

Esta reforma reduciu considerablemente o tempo requerido para divorciarse e motivou que se rexistrara un elevado aumento do número de divorcios e unha importante diminución das separacións. A progresiva utilización da lei do divorcio é unha das mostras dos profundos cambios sociolóxicos experimentados polos españois ao longo dos últimos 30 anos.

En 1981 casaron 202.037 parellas e divorciáronse ou separaron 16.334, mentres que en 2005, a cifra de matrimonios foi só un pouco máis elevada -209.127-, pero os divorcios e separacións sumaron 141.424. A lei do divorcio de 1981, con todo, non foi a primeira coa que contou España.

O 2 de marzo de 1932, as Cortes da II República aprobaran unha histórica lei do divorcio impulsada polo entón ministro de Xustiza, Fernando de los Ríos, en virtude dun dos artigos da Constitución de 1931, que prevía a disolución matrimonial. Esta norma, que contemplaba aspectos tan novos como a fórmula do mutuo disenso, a posibilidade de que a parella acordase o destino dos fillos menores ou a obriga mutua de pensión alimenticia, foi derrogada o 23 de setembro de 1939. Durante corenta anos, o matrimonio foi indisoluble en España.

Advertisements

About carenal

Biblioteca Concepción Arenal da Universidade de Santiago de Compostela

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s