Biblioteca Concepción Arenal, Noticias e novidades, Varios

IX Olimpíada Solidaria de Estudo. “Queres ser solidario?”

A Fundación Coopera e a Vicerreitoría de Estudantes, Cultura e Formación Contínua a través do Servizo de Participación e Integración Universitaria (SEPIU) organizan IX Olimpíada Solidaria de Estudo, unha innovadora acción de educación para o desenvolvemento e de sensibilización, que comezará o 5 de novembro e rematará o 5 de decembro.

Para levar a cabo esta actividade contamos coa colaboración de todo o persoal da Biblioteca. Baixo o lema “Queres ser solidario?” por cada hora de estudo, os patrocinadores destinarán 1 € para a financiación da reconstrución da escola “La Saline” e o apoio ás catro escolas de “Mains Ouvertes”, de Haití, que se viron afectadas polo terremoto. Para facer o cómputo total das horas, habilitouse un terminal informático, no que os estudantes teñen que introducir a Tarxeta Universitaria de Identidade (TUI), no momento que entren na sala e ao saír.

A Universidade de Santiago de Compostela foi a entidade do Estado español que máis cartos recadou na Olimpíada do curso pasado, conseguindo un total de 19.859 €.

Aínda que xa levamos oito olimpíadas organizadas, hai moitos membros da comunidade universitaria que  non coñecen esta iniciativa, podendo acadar mellores resultados. Por isto pídoche a túa colaboración e deas a coñecer a Olimpíada, dándolle unha maior difusión a través das pantallas informativas que hai no centro.

Agradecendo de antemán a túa colaboración, recibe un cordial saúdo.
Francisco R. Durán Villa
Vicerreitor de Estudantes, Cultura e Formación Continua

Advertisements

About carenal

Biblioteca Concepción Arenal da Universidade de Santiago de Compostela

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s