Exposicións, Noticias e novidades, Profesorado, Varios

Exposición bibliográfica en homenaxe ao profesor Herminio Barreiro

Inaugúrase mañá na Sala Frei Sarmiento da Facultade de Pedagoxía (Campus Vida), logo dunha mesa redonda a celebrar ás 10.00 horas no salón de actos coa participación do profesor Uxío Urtaza; do director da Revista Sarmiento, o profesor Narciso de Gabriel; e de Cristina Cabada, co responsable da mostra.

Herminio Barreiro (1937-2010) naceu en Dorrón, Pontevedra. Estudou Filosofía e Letras en Madrid, foi membro do grupo Brais Pinto, e foi profesor desde 1976 na Facultade de Ciencias da Educación da USC, na área de Historia da Educación. Dende a súa mocidade colaborou habitualmente na prensa. Os seus traballos xornalísticos dos anos 1989-1992, publicados maioritariamente en La Voz de Galicia, foron recollidos no libro Retallos para un tempo distinto, publicado en 1992.

A firme convicción ideolóxica de Herminio Barreiro e a súa vocación literaria revélanse na súa aproximación á realidade nos escritos na prensa e nas súas achegas noutras publicacións de diversa índole. A súa obra literaria de máis calado é Recordar doe, memorias que constitúen a crónica sentimental dunha experiencia escolar e universitaria que arrinca da inmediata posguerratexto cualificado por Manuel Bragado como un dos referentes dentro da prosa memorialista galega.

A mostra

A exposición componse de dúas seccións diferenciadas que se presentan en vitrinas en torno a unha hemeroteca central na que se exhiben publicacións en prensa de Herminio Barreiro que poden ser consultadas libremente.

A primeira sección dedícase á súa produción bibliográfica, que comeza coas primeiras colaboracións en prensa na súa mocidade e continúa cos seus traballos como docente e investigador na Universidade de Santiago, organizadas en torno ás diversas liñas de estudo e investigación que desenvolveu. Recóllese tamén neste apartado unha mostra dos seus escritos de análise política ou de índole literaria.

A segunda sección ofrece unha mostra bibliográfica elaborada a partir dunha selección de obras citadas por este autor no seu libro de memorias Recordar doe publicado en 2008, acompañadas das citas ou dos comentarios que nestas memorias suscitaron os volumes expostos.

Advertisements

About carenal

Biblioteca Concepción Arenal da Universidade de Santiago de Compostela

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s