Biblioteca Concepción Arenal, Dereito constitucional, Exposicións, Historia do dereito, Recursos web

Exposición bibliográfica. 200 anos da Constitución de Cádiz

A Constitución de Cádiz, da que hoxe se conmemora o seu bicentenario, marcou o destino político de España e de América Latina, ao abrir a porta ao ciclo de independencias que se desenvolverá ao longo do século XIX. Con ela, os españois deixaron de seren súbditos e proclamáronse cidadáns.

O 19 de marzo de 1812, en plena guerra da independencia (1808-1814), as Cortes de Cádiz promulgaron a “Constitución Política de la Monarquía Española” á que o pobo denominou cariñosamente “La Pepa” por ter sido promulgada o día de San Xosé.

É o primeiro exemplo de constitucionalismo en España, xa que a de Bayona (1808), que tentou impoñer o francés José I, non chegou ter verdadeira vixencia. Insírese no movemento constitucionalista mundial, que tiña os seus referentes máis claros nas Constitucións norteamericana de 1787 e francesa de 1791.

Toma algunhas decisións que supoñen unha ruptura clara co Antigo Réxime, como a proclamación da soberanía nacional, a división de poderes e a introdución dun réxime representativo, cunhas Cortes elixidas por sufraxio universal masculino por graos, que son o centro do sistema constitucional, e a abolición de institucións típicas da situación anterior, como a inquisición. Nela aparecen algúns dos dereitos hoxe considerados como fundamentais, entre os que destacan a Liberdade de expresión, a Liberdade de Prensa e Imprenta, o Dereito á integridade física, a Liberdade persoal ou a Inviolabilidade do domicilio.

No que á Universidade se refire, a Constitución de 1812 serviu de xérmolo para o desenvolvemento de novas titulacións. No seu Título IX, Art. 367, o texto recolle a necesidade de crear “o número competente de Universidades e de outros establecementos de instrucción que se xulguen convenientes para o ensino de todas as ciencias, literatura e belas artes”.

Pese a que estivo vixente dous anos, 1812-1814, ata a volta a España de Fernando VII, máis os tres anos do trienio liberal, de 1820 a 1823, representa o primeiro ensaio de implantar en España un novo modelo político baseado nuns principios ben diferentes dos que sustentaban o sistema do Antigo Réxime.

Biblioteca Concepción Arenal, ademáis de dispor dun exemplar da edición orixinal, conta cunha importantísima colección de obras sobre historia constitucional española, en parte adquirida ao longo da súa xa dilatada vida institucional como biblioteca da Facultade de Dereito, en parte grazas a doazóns e legados de algúns dos seus exalumnos e profesores máis ilustres.

Agardamos que esta pequena selección, en homenaxe ao bicentenario da súa promulgación, sirva para facilitar a investigación na materia e para dar a coñecer millor o rico patrimonio bibliografico da antiga biblioteca da Facultade de Dereito, hoxe Biblioteca Concepción Arenal.

Outros recursos:

Advertisements

About carenal

Biblioteca Concepción Arenal da Universidade de Santiago de Compostela

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s