Biblioteca Concepción Arenal, Exposicións, Recursos web

Valentín Paz Andrade, Día das Letras Galegas 2012

A Biblioteca Concepción Arenal súmase á celebración do Día das Letras Galegas 2012 e acolle durante todo o mes de maio unha exposición adicada ao polifacético escritor Valentín Paz Andrade, homenaxeado deste ano no Día das Letras.

Deseñada pola Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, a exposición está composta por dez paneis con fotografías e textos explicativos sobre a vida e obra de Paz Andrade, que permiten afondar no coñecemento dun dos intelectuais galeguistas máis importantes do século XX, así como analizar unha época especialmente fecunda para a produción cultural en lingua galega.

Un autor polifacético

Avogado, xornalista, poeta, empresario, ensaísta e persoa vencellada á política galeguista son algunhas das vertentes que cultivou ao longo da súa vida Valentín Paz Andrade (Lérez, Pontevedra, 1899 – Vigo 1987), Paz Andrade estudou Dereito na Universidade de Santiago de Compostela (1921) e foi na súa etapa como estudante cando se achegou ao movemento galeguista, do que chegaría a ser membro destacado. A súa preocupación polo progreso e o avance de Galicia marcou a súa traxectoria vital e profesional e quedou plasmada en obras como Galicia como tarea (1959) ou La marginación de Galicia (1970).

Unha das facetas máis destacadas da súa traxectoria foi sen dúbida a de xornalista. Entre 1922 e 1936 dirixiu o xornal Galicia, unha das cabeceiras máis relevantes do xornalismo galego, que foi pechada pola ditadura de Primo de Rivera. Dirixiu tamén a revista Industrias Pesqueras e as súas colaboracións foron frecuentes en xornais como El Pueblo GallegoFaro de Vigo ou La Noche, e noutros diarios nacionais e internacionais. No eido empresarial, Paz Andrade foi un dos impulsores do grupo industrial Pescanova, ao que logrou converter na primeira compañía armadora europea de buques conxeladores. Paz Andrade foi membro da Real Academia Galega e senador pola provincia de Pontevedra como independente da Candidatura Democrática Galega. Da súa faceta poética temos achegas como Pranto matricial (1954), Sementeira do vento (1968), Cen chaves de sombra (1979) ou Cartafol de homenaxe a Ramón Otero Pedrayo (1985).

A Biblioteca Intercentros de Lugo elaborou un recurso adicado á figura de Valentín Paz-Andrade con datos biográficos, estudos, reseñas, artigos, materiais didácticos, videos, novas, espazos en redes…

Advertisements

About carenal

Biblioteca Concepción Arenal da Universidade de Santiago de Compostela

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

10º Aniversario da Biblioteca Concepción Arenal
Código QR

Estatísticas do blog

  • 12,290 visitas