Bases de datos, Noticias e novidades, Recursos web

TEL – The European Library con novo interfaz e versión ampliada

Os investigadores de todo o mundo dispoñen dun novo interfaz de consulta e acesso ás coleccións das bibliotecas nacionais e de moitas bibliotecas universitarias de 46 países europeos, desde que se lanzou a nova versión do portal TEL -The European Library, a finais do mes de xuño de 2012.

A partir de agora, pódese acceder a mais de 200 millóns de fontes de gran calidade desde un único punto, ademáis de inovadoras ferramentas de consulta e recuperación da información, a nova versión do TEL permite encontrar, utilizar e compartir gran variedade de contidos, incluindo a consulta de 10 millóns de obxectos dixitais e 24 millóns de páxinas a texto completo.

TEL foi  lanzado inicialmente en 2005 como um servizo da CENL (Conference of European National Libraries), para permitir o acesso ás coleccións das bibliotecas nacionais de toda a Europa. A Biblioteca Nacional de España participa no TEL desde a súa creación, estando os seus rexistros bibliográficos e obxectos dixitais dispoñibles neste portal, sendo tamén agregados por esta via para Europeana.

Esta nova versión de TEL resulta dunha colaboración entre o CENL e outras tres organizacións bibliotecarias: LIBER (Ligue Europeènne des Bibliothéques de Recherche), CERL (Consortium of European Research Libraries) e Fundación Europeana.

Máis información e vídeo promocional sobre o novo portal  TEL – The European Library.

Advertisements

About carenal

Biblioteca Concepción Arenal da Universidade de Santiago de Compostela

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s