Biblioteca Concepción Arenal, Ciencia política, Literatura, Varios

25 de xullo, Día Nacional de Galicia

Alba de Groria

A Biblioteca Concepción Arenal estará pechada o próximo 25 de xullo, como todos os anos, con motivo da celebración do Día Nacional de Galicia, festa oficial da comunidade autónoma. Segundo o Decreto da Xunta de Galicia, publicado no DOG do luns, 1 de xaneiro de 1979, o Día Nacional de Galicia celébrase o día 25 de xullo de cada ano, día da festividade do apóstolo Santiago.

De todos os simbólos do País este é o máis moderno. O escudo pérdese na noite da Idade Media, a bandeira ten unha historia desde finais do século XIX, o himno tamén, pero o Día de Galicia apareceu como unha proposta da asemblea das Irmandades da Fala en 1919, organizando o primeiro Día de Galicia en 1920 como acto de afirmación da nosa identidade colectiva.

Durante o franquismo perdeu todo carácter institucional, aínda que se mantivo na emigración e permaneceu na memoria do galeguismo, que se reunía todos os anos en Santiago para a misa de Rosalía, que era un substitutivo dun acto político. Tan substitutivo que un deses días prenderon ao recentemente falecido Xaime Isla Couto e o levaron ante o Tribunal de Orden Público por cantar Venceremos nós á saída da misa de Rosalía.

Dende a instauración da democracia e a promulgación do Estatuto de Autonomía, organizacións políticas e institucións públicas programan todo tipo de actividades para conmemoraren esta data. Declaracións institucionais da Xunta de Galicia e do Parlamento Galego. Bandos municipais chamando ós veciños e veciñas a celebrar o Día e a colocar a bandeira galega o mesmo 25 de xullo en rúas e balcóns. Conferencias, mítins e xornadas de confraternidade que preceden ou teñen lugar o propio día do Santiago. E por suposto, as manifestacións populares que ese mesmo día percorren as rúas de Compostela. Coinciden así, na mesma data, diferentes celebracións: unha festa nacional, unha festa relixiosa, o patrón da arma de Cabalería, o patrón de España…

A nosa recomendación é a lectura dun dos últimos textos de Alfonso R. Castelao, un discurso que se chama Alba de Groria, no que fala do 25 de xullo sendo unha peza oratoria moi brillante.

Alba de Groria foi editado en 1951 por Ediciós Galicia do Centro Gallego de Buenos Aires, adicado polo Centro Gallego ao primeiro cabo de ano do falescimento do seu esgrevio autor, fica composta de 2000 exemprares numerados e imprentada toda ela, en papel extra strong. Rematouse de imprentar na Imprenta López, Perú 666, Buenos Aires, o día 2 de xaneiro de 1951, segundo reza a súa portada, dos que na Biblioteca da Universidade hai tres exemplares.

Advertisements

About carenal

Biblioteca Concepción Arenal da Universidade de Santiago de Compostela

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

10º Aniversario da Biblioteca Concepción Arenal
Código QR

Estatísticas do blog

  • 12,486 visitas