Bases de datos, Dereito internacional privado, Dereitos humanos

INCADAT. A base de datos sobre a subtracción internacional de nenos

A subtracción parental internacional é un problema global que afecta a miles de nenos cada ano. O principal instrumento internacional para protexer aos nenos dos efectos perxudiciais dos traslados e retencións ilícitas transfronteirizas é o Convenio da Haia de 1980 sobre os Aspectos Civís da Subtracción Internacional de Menores. Este tratado multilateral, que hoxe conta con 87 Estados parte non pretende involucrarse en cuestións de custodia, senón que fai efectivo o principio de que todo neno que foi subtraído debe ser reintegrado inmediatamente ao Estado da súa residencia habitual. Unha vez que o neno é restituído, as autoridades locais poden determinar onde e con quen deberá vivir. O Convenio da Haia de 1980 tamén foi deseñado para asegurar a protección dos dereitos de visita.

No ano 1999, co fin de promover un entendemento mutuo, a interpretación consistente e con iso o funcionamento efectivo do Convenio de 1980, a Oficina Permanente da Conferencia da Haia de Dereito Internacional Privado creou a Base de datos sobre a subtracción internacional de nenos (INCADAT). A base de datos permite acceder a decisións destacadas sobre o Convenio da Haia de 1980 sobre subtracción de menores, así como tamén outras decisións relevantes sobre subtracción internacional de nenos.

INCADAT comprende sumarios de decisións que permiten facer procuras, ligazóns aos textos completos das sentenzas e un compendio de análise xurídica en inglés, francés e español. INCADAT actualízase en forma permanente, e é utilizada constantemente por xuíces, Autoridades Centrais, avogados, investigadores e outras persoas interesadas nesta rama do dereito de tan rápido desenvolvemento.

Advertisements

About carenal

Biblioteca Concepción Arenal da Universidade de Santiago de Compostela

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

10º Aniversario da Biblioteca Concepción Arenal
Código QR

Estatísticas do blog

  • 12,744 visitas