Bases de datos, Historia do dereito, Lexislación, Recursos web

O BOE modernízase cun servizo de alertas “á carta”

O Boletín Oficial del Estado (BOE) iniciou un proceso de modernización coa creación dun sistema gratuíto “á carta”, que desde xuño permite ao usuario recibir no seu correo electrónico as alertas ás que se subscribiu previamente.

Así, é posible subscribirse a determinadas Alertas temáticas, temas de interese xeral publicados no Boletín Oficial del Estado, como as convocatorias de bolsas, axudas, convenios colectivos, licitacións ou novas leis, plans de estudos…

Subscribíndose ás Alertas de Lexislación podemos recibir no noso correo as novidades lexislativas publicadas no Boletín Oficial del Estado e no Diario Oficial de la Unión Europea.

Tamén podemos subscribirnos ás Alertas de anuncios de licitación, que nos ofrece as novidades en anuncios de licitación publicadas no Boletín Oficial del Estado

Proxectos

Os proxectos que vai ir pondo en marcha o BOE nos próximos meses para seguir avanzando na súa modernización son:

  • En seis meses esta opción das alertas mellorarase, permitindo ao usuario ingresar a palabra chave que queira para recibir alertas sobre unha norma ou disposición que conteña esa palabra concreta.
  • O BOE vai empezar a compilar, dentro de tres meses e tamén con carácter gratuíto, o conxunto de normas existentes nun determinado sector. Xa está dispoñible para a súa descarga, por exemplo, o Código de leyes administrativas de la Defensa (actualizado a 24 de agosto de 2012), e en breve estaráo tamén un Código Urbanístico, que incluirá non só a lexislación estatal na materia, se non tamén as diferentes lexislacións autonómicas.
  • Tamén se poderá descargar proximamente un Código de Dereito Agrario; da Pequena e Mediana Empresa; da Enerxía; da Seguridade Industrial; das Telecomunicacións ou do Sector Audiovisual.
  • O BOE porá tamén a disposición do sector privado, nun prazo de dous meses, a totalidade da información contida no xornal e nas súas bases de datos en formato XML reutilizable para permitir o seu uso automatizado por parte das compañías.

Ao servizo das autonomías

O BOE porá a disposición do resto das administracións públicas, incluídas as autonomías, os seus servizos de imprenta e un modelo de distribución asegurado.

O BOE tamén organizou unha nova base de datos de Dereito histórico español onde os interesados na historia das nosas institucións poden atopar, por reinados, toda a información de interese entre 1669 e 1959. Este proxecto denomínase ‘Leis de España‘ e abarcará a totalidade do ordenamento histórico español desde o dereito visigótico e incluirá as leis fundamentais de Nápoles, Milanesado, Flandes e Indias.

Novo portal en outubro

Todos estes esforzos para facilitar o coñecemento do ordenamento xurídico español veranse ampliados cunha nova iniciativa, o Portal de Dereito Estatal e Autonómico, que botará a andar en outubro.

Unificará o sistema de consultas dos cidadáns mediante unha solución informática que permita a conexión das distintas bases de datos lexislativas das Comunidades Autónomas e do Estado, simplificando calquera consulta que se realice do dereito vixente.

Advertisements

About carenal

Biblioteca Concepción Arenal da Universidade de Santiago de Compostela

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

10º Aniversario da Biblioteca Concepción Arenal
Código QR

Estatísticas do blog

  • 12,744 visitas