Noticias e novidades, Varios

Scholarly Publishers’ Indicators, un ranking de editoriais en Ciencias Sociais e Humanidades

O Grupo de Investigación de Avaliación de Publicacións Científicas (EPUC), considera que os libros deben ser a pedra angular dos procesos de avaliación en Humanidades e Ciencias Sociais. De non ser así, estaríase a xulgar ás Humanidades e ás Ciencias Sociais a partires de hábitos de traballo doutras disciplinas e, por tanto, alleos á natureza destas e difíciles de adquirir. Na avaliación do curriculum dun humanista, asignar un maior peso ás súas publicacións en forma de artigos de revista implica infravalorar a súa principal vía de comunicación, o libro, e por tanto, forzarlle a longo prazo a investigar e a publicar doutra maneira, cos consecuentes prexuízos ao avance dalgúns coñecementos científicos.

Estes resultados pretenden axudar a obxetivar a utilización do indicador “prestixio da editorial” ao que se refiren as axencias de avaliación. A progresiva presión cara aos investigadores por publicar, a proliferación de rankings de todo tipo e, sobre todo, a falta de percorrido na avaliación de editoriais de libros aconsellan utilizar prudentemente estes resultados.

No estado actual de máxima sensibilización de profesores e investigadores cara aos procesos de avaliación e de falta de precedentes na avaliación dos libros, utilizar un ranking convértese nunha cuestión delicada pois téndese máis a comparar a posición dunha editorial con respecto a outra -xerando as consecuentes críticas cara ao sistema- que os datos máis xerais que sinalan que hai un grupo de editoriais recoñecidas pola comunidade académica fronte a outras que son menos prestixiosas.

Scholarly Publishers’ Indicators (SPI) é o resultado dun proxecto de investigación con metodoloxía científica e unha primeira aproximación á avaliación da calidade das editoriais de libros científicos.

SPI amosa un ranking de editoriais baseado na opinión de expertos españois en Humanidades e Ciencias Sociais. Representa só unha primeira aproximación ao estudo da calidade das editoriais e, polo tanto, debe evitarse calquera uso automático en sistemas de avaliación. Si que pode servir de referencia nestes procesos, pero debe complementarse co xuízo matizado dos expertos que compoñen os paneis de avaliación ou con outros indicadores, cando estean dispoñibles.

SPI amosa un ranking xeral de editoriais para todas as áreas e rankings especializados por disciplinas, entre as que se encontran as Ciencias Políticas, a Socioloxía ou Dereito. Recoméndase o uso combinado de ambos os dous  rankins pois achegan informacións distintas e complementarias.

Fonte: Elea Giménez-Toledo, Carlos Tejada-Artigas, Jorge Mañana-Rodríguez. Scholarly Publishers Indicators (SPI). 1º edición 2012. Disponible en: http://epuc.cchs.csic.es/SPI [Consultado 04, 09, 2012].

Advertisements

About carenal

Biblioteca Concepción Arenal da Universidade de Santiago de Compostela

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

10º Aniversario da Biblioteca Concepción Arenal
Código QR

Estatísticas do blog

  • 12,744 visitas