Bases de datos, Dereito civil, Dereito mercantil, Recursos web, Socioloxía

Centro de Información Estatística do Notariado

O 3 de xullo deste ano presentouse o Centro de Información Estatística do Notariado (CEN), portal gratuíto en internet que pon a disposición da cidadanía preto dun millón de series estatísticas, con datos anónimos procedentes das escrituras públicas e outros documentos notariais desde xaneiro de 2007 até marzo de 2012. A información contida, parametrizada e anónima, extraeuse de aproximadamente 50 millóns de operacións que se realizan nos despachos notariais.

A partir da segunda quincena de setembro os datos actualizásense mensualmente, cun desfasamento temporal que, en moitos casos, será inferior a un mes. Esta información complementarase coa publicación das conclusións que poidan extraerse da análise da devandita información. O portal iniciou a súa andaina na dirección de internet www.notariado.org. O portal foi creado polo Consello Xeral do Notariado en colaboración coa Axencia Notarial de Certificación (Ancert) e a consultora Solchaga Recio & Asociados.

Datos oficiais e fiables

É un instrumento para a análise, de gran valor, que recolle estatísticas oficiais, fiables, múltiples, desagregadas e actualizadas e que se pon agora a disposición de investigadores, prensa, Administracións Públicas e da cidadanía en xeral.

A pesares de que os datos estatísticos constitúen un elemento indispensable para a análise económica e sociolóxica, en ocasións, desafortunadamente, os investigadores non dispoñen de información suficiente para conducir análises aplicadas a miúdo en ámbitos de estudo de incuestionable interese.

Estatísticas dispoñibles

Os datos estatísticos contidos son relativos a múltiples aspectos da esfera xurídica, económica e social española, dado que os notarios prestan servizos moi variados. Desde o asesoramento imparcial ás partes, até a redacción e autorización de escrituras públicas; esencialmente en materia inmobiliaria, mercantil e de documentos sociais. Por exemplo, sobre capitulacións matrimoniais; compravendas de vivendas; constitución de usufructos e rendas; declaración de herdeiros ab intestato; disolución de sociedades conxugais; doazóns; emancipación de fillos; testamentos; legados ou herdanzas; protección de familiares diminuídos ou incapacitados. Pero tamén sobre unións de feito; modificación do réxime matrimonial; de leiras; particións de herdanza; préstamos persoais e hipotecarios; recoñecemento sociedades patrimoniais; disolución de sociedades; xestión e desenvolvemento urbanístico; constitución de sociedades anónimas e limitadas ou transmisión de accións e participacións, entre outras operacións.

Por iso é polo que este portal está en condicións de ofrecer información inédita ata hoxe; por exemplo, en materia de vivenda, xa que se porá a disposición da sociedade os prezos de compravenda en España ata niveis de desagregación municipal e, mesmo, por zonas dentro de Madrid e Barcelona. Ou estatísticas sobre o financiamento das hipotecas constituídas; porcentaxe de financiamento na adquisición de inmobles ou prezos de tasación. En materia mercantil publicarase un indicador da evolución na creación de empresas. Tamén serán relevantes os datos sobre a evolución do número de testamentos, doazóns e disolucións de sociedades conxugais.

Sistema de acceso

O acceso á base de datos realízase mediante unha procura detallada, determinada polo usuario, que permite múltiples combinacións e seccións cos indicadores máis relevantes.

  • Desde a sala de prensa, con noticias e informes sobre os movementos macroeconómicos máis significativos.
  • Desde o buscador das estatísticas principais, como vía máis directa para obter datos obxectivos sobre os principais indicadores da actividade social e económica de España.
  • Desde o buscador das estatísticas ao completo, que permite acceder aos datos precisos de calquera indicador, filtrados baixo os requisitos que o usuario defina, e exportar devanditos datos para o seu posterior estudo e análise con ferramentas locais especializadas.

Fonte: Consejo General del Notariado

Advertisements

About carenal

Biblioteca Concepción Arenal da Universidade de Santiago de Compostela

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

10º Aniversario da Biblioteca Concepción Arenal
Código QR

Estatísticas do blog

  • 12,423 visitas