Bases de datos, Recursos web

Dialnet Plus: Novas funcionalidades e un novo concepto

A maior hemeroteca de artigos científicos en español en internet,
Dialnet, é froito da colaboración de 58 bibliotecas universitarias españolas (entre elas a de Santiago de Compostela), ademais de numerosas bibliotecas internacionais e especializadas. O número de documentos que se poden consultar en Dialnet supera na actualidade os 3.620.000. Entre eles atopamos artigos de revistas, capítulos de libros, teses de doutoramento, etc. O 15% destes documentos están dispoñibles a texto completo.

Desde a Fundación Dialnet informan dunha renovación das funcionalidades de Dialnet dirixida aos seus usuarios rexistrados, pertencentes a unha institución vencellada a Dialnet. Estes usuarios xa viñan disfrutando dunha serie de opcións avanzadas e de valor engadido que lles permitían realizar buscas máis precisas, crear as súas alertas personalizadas, listas de referencias… Todas esas opcións, aparecen agora dentro dun novo concepto denominado Dialnet Plus.

Ademais, tamén se incorporan unha serie de novas funcionalidades:

– Mellora no buscador de autores. Busca en profundidade con facetas.

  • Por materia e área de coñecemento
  • Institución na que desenvolveron a súa investigación
  • Periodo de publicación
  • Múltiples posibilidades de ordenación

Máis información en: http://dialnet.unirioja.es/info/ayuda/busautor

– Novo formato de exportación: BibTex  Ver: http://dialnet.unirioja.es/info/ayuda/infoexp

– Buscador de edicións de congresos: onde é posible realizar buscas de edicións de congresos xa celebrados e recollidos en Dialnet.

– De interese para o investigador:

  • Posibilidade de identificar as revistas de maior prestixio segundo a clasificación CIRC.
  • Visualización de coautorías dun investigador concreto.
  • Posibilidade de visualización da árbore académica dun autor e en ocasións información complementaria a través de ligazóns como MathSciNet, Zentralblatt, Biblioteca Nacional e RePEc.

Fonte: Dialnet Plus

Advertisements

About carenal

Biblioteca Concepción Arenal da Universidade de Santiago de Compostela

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

10º Aniversario da Biblioteca Concepción Arenal
Código QR

Estatísticas do blog

  • 12,290 visitas