Dereito internacional público, Dereito internacional privado, Facultade de Dereito, Linguaxe xurídica, Novidades bibiográficas

Termos esenciais de dereito internacional

Os profesores da Facultade de Dereito da USC Javier Maseda e Carlos Teijo son os autores da publicación Termos esenciais de dereito internacional que se acaba de presentar en formato papel. Recollen a terminoloxía básica deste ámbito, continuando a colección de glosarios especializados promovida no marco do “Plan para aumentar e mellorar o uso da lingua galega na Facultade de Dereito”, e que xa deu ao prelo en 2011 os Termos esenciais de dereito constitucional e Termos esenciais de dereito penal. Dentro deste Plan, o obxectivo da colección é divulgar entre o estudantado e o profesorado a terminoloxía esencial das distintas materias impartidas no centro, para potenciar o emprego da lingua galega, tanto na docencia e investigación como na transferencia e divulgación do coñecemento.

No entanto, este volume presenta algunha singularidade con respecto aos seus predecesores.

A primeira delas, e tamén a máis relevante, é a súa estruturación interna en dous glosarios independentes. A pesar da súa orixe académica común e das súas profundas interconexións substantivas, o dereito internacional público e o dereito internacional privado son hoxe dúas disciplinas autónomas ben delimitadas entre si, para as que cabe esperar unha exposición individualizada. Pero tendo en conta a vocación ‘esencial’ da colección e a súa intención de agrupar o dereito en grandes áreas, optouse por presentar a terminoloxía do dereito internacional nun único volume.

A pesar disto, tanto as entradas como os índices en español e inglés numéranse de forma continua para facilitar a consulta e o manexo do traballo.

A segunda particularidade reside na ampliación dos idiomas tratados. Nesta época de globalización social e xurídica que nos toca vivir, parécenos necesario complementar este glosario de termos básicos de dereito internacional incorporando xunto cos pares galego-español as formas inglesas dos termos escollidos. Esta incorporación permite aumentar de forma moi notable o alcance deste produto e a súa utilidade como ferramenta para a consulta de textos xurídicos internacionais, aspectos que, ao noso xuízo, cualifican este volume e o sitúan alén da súa finalidade básica de facilitar o emprego do galego na docencia e a investigación neste sector do dereito.

Maseda Rodríguez, J.; C. Teijo García; X. A. Rodríguez Río (2012): Termos esenciais de dereito internacional (galego-español-inglés). Santiago de Compostela : Universidade de Santiago de Compostela. [Accesible en liña desde aquí]. [Consulta: 19/09/12]

Fonte: Limiar de Termos esenciais de dereito internacional, p. 8

Advertisements

About carenal

Biblioteca Concepción Arenal da Universidade de Santiago de Compostela

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

10º Aniversario da Biblioteca Concepción Arenal
Código QR

Estatísticas do blog

  • 12,423 visitas