Ciencia política, Cursos e conferencias, Noticias e novidades, Profesorado, Socioloxía

O(s) sentido(s) da(s) cultura(s)

O(s) sentido(s) da(s) cultura(s) ( S5-572) é o título da novidade da que vos falamos hoxe. Trátase dunha obra colectiva compilada polo catedrático de Ciencia Política da USC Ramón Máiz, publicada polo Consello da Cultura Galega na súa colección Ensaio e investigación. Tédela no primeiro andar da Biblioteca Concepción Arenal, na sección adicada á Socioloxía.

Esta publicación xorde con ocasión dos seminarios O(s) sentido(s) da(s) cultura(s), celebrados na Consello da Cultura Galega, recollendo a maioría dos textos presentados e discutidos nas diferentes sesións celebradas nos últimos catro anos. O volume, de máis de setecentas páxinas, recolle un total de 28 intervencións, entre as que figuran as de Slavoj Zizek, José Manuel Sánchez Ron, Josep Ramoneda, Amelia Valcárcel, Darío Villanueva, Rafael Argullol ou Donatella della Porta.

Trátase dunha contribuciòn “moi sólida e orixinal ao debate sobre o papel da cultura nas sociedades democráticas occidentais”, segundo Ramón Villares, presidente do CCG. Ramón Maiz, coordinador do seminario e compilador da obra, subliña a unidade da publicación e o seu carácter aberto que a converte nunha “contribución referencial para o debate do que entendemos por Cultura no noso tempo”. Trátase, en definitiva, de achegar ao público materiais que consideramos de interese para a reflexión sobre tan capital dimensión, por constitutiva, das nosas vidas en procura de “terra firme” nun mundo que nos sitúa unha e outra vez fóra de lugar”.

Tamén se pode baixar O(s) sentido(s) da(s) cultura(s) da web do Consello da Cultura Galega.

  • Ramón Máiz, compilador
  • Editor: Consello da Cultura Galega
  • Ano de publicación: 2012
  • Colección: Ensaio e investigación
  • ISBN: 978-84-92923-34-2
Advertisements

About carenal

Biblioteca Concepción Arenal da Universidade de Santiago de Compostela

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s