Linguaxe xurídica, Noticias e novidades, Recursos web

Dicionario Xurídico

É posible que algunha vez te atopes cun termo legal que non sabes exactamente que quere dicir ou cunha palabra imposible da que ignoras a súa tradución ao galego. Se estás na biblioteca non tés ningún problema: temos unha boa colección de enciclopedias (A4) e dicionarios xurídicos (A1.2) de carácter especializado no primeiro andar e de carácter xeral no andar -1 (FX1 e FX2), que che axudarán a resolver estas dúbidas, entre os que se encontra o Dicionario xurídico galego (A1.2-198 e FX1.1-26). Pero, que facer cando non estás na biblioteca?

Podes consultar o Dicionario Galego de Termos Xurídicos (DIXURI), da Asociación Revista Xurídica Galega (REXURGA), que contén unha serie de termos de carácter xurídico definidos en lingua galega, pero achega tamén outras informacións de interese, como a área á que pertencen, os equivalentes en castelán, os sinónimos e antónimos, as voces relacionadas, etc.

O dicionario permite a busca por autor (foi redactado por 120 autoras e autores, moitos da USC), que se presentan en galego normativo conceptos esenciais do Dereito, información crítica sobre a lexislación vixente en España e, de xeito especial, termos e institucións propias do Dereito Civil de Galicia. Tamén permite a busca por áreas de Dereito Administrativo, Dereito Civil común e de Galicia, Dereito do Traballo e da Seguridade Social, Financeiro e Tributario, Internacional, Mercantil, Notarial e Rexistral, Penal, Procesual e Teoría do Dereito e Dereito Constitucional. Permite tamén a busca pola equivalencia en castelán, por entradas recentes, por revisor…

Advertisements

About carenal

Biblioteca Concepción Arenal da Universidade de Santiago de Compostela

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

10º Aniversario da Biblioteca Concepción Arenal
Código QR

Estatísticas do blog

  • 12,290 visitas