Bases de datos, Dereito mercantil, Propiedade intelectual

WIPO Lex, a base de datos internacional sobre propiedade intelectual

WIPO Lex é unha base de datos electrónica, publicada en liña, que dá acceso á lexislación sobre propiedade intelectual dos membros da OMPI, da Organización Mundial do Comercio (OMC) e das Nacións Unidas. Contén máis de 10.000 documentos con información sobre tratados relacionados coa propiedade intelectual, administrados por diversas organizacións multilaterais e rexionais, e acordos bilaterais que inclúen disposicións sobre esta materia. O seu obxecto é facilitar información xurídica fiable, exhaustiva e actualizada, acompañada de documentación con información sobre os fundamentos xurídicos que dan forma aos sistemas de propiedade intelectual, tanto a nivel nacional como internacional, constituíndose deste forma nunha fonte de referencia xurídica única e gratuíta sobre propiedade intelectual.

WIPO Lex púxose en marcha en 2010 no contexto dun amplo proxecto da OMPI dirixido a reducir as carencias de información existentes no mundo sobre materias relativas á propiedade intelectual, ao proporcionar un acceso rápido e fácil á súa extensa colección de datos e ferramentas informáticas de procura. A inauguración, en xuño de 2010,  da plataforma WIPO GOLD [*] supuxo un avance importante para o cumprimento deste obxectivo, xa que esta facilita o acceso universal a unha gran diversidade de información valiosa, non só relativa ás leis e os tratados de propiedade intelectual (a través de WIPO Lex), senón tamén a tecnoloxía, marcas, deseños, estatísticas ,etc.

WIPO Lex contén documentos nuns 69 idiomas e actualmente ofrece interfaces de procura amigables en español, francés e inglés. Están creándose interfaces en árabe e chinés, cuxa finalización está prevista para para a segunda metade de 2012.

A lista de institucións, nacionais e internacionakes, e de persoas que contribuíron a desenvolver WIPO Lex é longa. É de destacar, segundo sinala o equipo responsable do proxecto, o papel das oficinas nacionais de propiedade intelectual, que foron decisivas á hora de seleccionar e verificar as fontes de datos pertinentes, e o papel dos usuarios finais, que cos seus comentarios, correccións e críticas axudan a asegurar a calidade e exactitude dos contidos.

Para saber máis: Acerca de WIPO Lex

[*] WIPO GOLD é un portal centralizado de acceso público e gratuito que permitirá acceder a totalidade dos recursos da OMPI sobre propiedade intelectual (incluída WIPO Lex). Trátase pois dun recurso que ten por fin facilitar o acceso universal á información sobre propiedade intelectual.

Advertisements

About carenal

Biblioteca Concepción Arenal da Universidade de Santiago de Compostela

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

10º Aniversario da Biblioteca Concepción Arenal
Código QR

Estatísticas do blog

  • 12,290 visitas