Biblioteca Concepción Arenal, Noticias e novidades

Manuais actualizados

Xa están dispoñibles as novas edicións da maioría dos manuais e códigos que figuran nas bibliografías recomendadas das asignaturas de dereito, políticas e relacións laborais, dos que procuramos ter o maior número de exemplares.

É posible que se nos escape algún, ou consideredes que son insuficientes os exemplares doutros, polo que podedes facer suxestións para a súa compra:

  • Utilizando o formulario para solicitar adquisicións de libros, videos, DVD, etc. que non teñan carácter periódico.
  •  Enviándonos un correo electrónico a derprest@usc.es, indicándonos, ademáis dos vosos datos persoais, os datos básicos da obra (autor, título e editorial).
  • ou ben solicitándoo no mostrador da biblioteca.

Tamén debes lembrar que antes de realizar unha solicitude de adquisicións debes ter en conta que:

  • O uso do formulario está restrinxido aos membros da Comunidade Universitaria de Santiago de Compostela.
  • As recomendacións de novas adquisicións sen identificación do usuario serán rexeitadas.
  • Lembra que o material solicitado debe estar en consonancia temática co curriculum da Biblioteca (dereito, políticas e relacións laborais).
  • Por favor, comproba o catálogo en liña da Biblioteca Universitaria para ver se o material que precisas se encontra en calquera unidade da BUSC. Se o material xa existe nos fondos poderás obtelo en préstamo.

Na actualidade o catálogo non informa dos documentos que se están adquirindo ou en proceso, polo que podes preguntar no mostrador da biblioteca.

Advertisements

About carenal

Biblioteca Concepción Arenal da Universidade de Santiago de Compostela

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

10º Aniversario da Biblioteca Concepción Arenal
Código QR

Estatísticas do blog

  • 12,744 visitas