Dereito internacional privado, Dereito mercantil, Tecnoloxías da información

Computación na nube, contratos de servizo e cuestións legais

A revista  El Profesional de la Información publica en aberto no seu último número un breve pero interesante artigo de Charles Oppenheim, antigo profesor de ciencias da información na Universidade de Loughborough e actualmente profesor visitante na Universidade de Queensland, sobre os contratos de uso dos servizos de “computación na nube” (Cloud computing) actualmente tan de moda.

A externalización dos datos e da información propia na “nube” constitúe unha importante decisión para calquera organización, por iso recomenda realizar unha análise pormenorizada dos contratos polos que se rexen, dado que, no momento actual, a realidade é que están redactados coa única finalidade de defender os intereses do provedor do servizo. Segundo o estudo do profesor Oppenheim, estes documentos están cheos de cláusulas limitativas da responsabilidade do provedor (aínda que os posibles prexuízos estean causados pola súa propia impericia ou falta de dilixencia) e de durísimas condicións ás que han de aterse os posibles usuarios, non son negociables en practicamente ningún aspecto, e con frecuencia non garanten nin a continuidade no tempo, nin especifican os niveis mínimos de calidade que deben manterse na prestación do servizo. Tema aparte, pero non menos grave, é a remisión contínua a ordenamentos xurídicos estranxeiros, tanto para determinar as condicións legais aplicables, como para a posible resolución de disputas, o que afecta a temas chave como a privacidade dos datos, a súa seguridade contra perdas ou manipulacións e as condicións para a súa cesión a terceiros, especialmente baixo requirimento das autoridades do país en que teña o seu domicilio social a empresa prestadora do servizo. Neste aspecto cita literalmente un parágrafo do contrato tipo do servizo iCloud de Apple:

Vostede recoñece e acepta que Apple poida libremente acceder, utilizar, conservar e/ou revelar a información da súa conta e o seu contido ás autoridades policiais, funcionarios do goberno e/ou un terceiro, se Apple considérao razoablemente necesario ou apropiado, se se lle require legalmente a facelo ou se existe a crenza de boa fe de que tal acceso, uso, divulgación ou conservación é razoablemente necesario para: (a) cumprir con procesos e requirimentos legais; (b) facer cumprir este Acordo, incluíndo a investigación de calquera posible violación do mesmo; (c) detectar, previr ou xestionar problemas de seguridade, fraude ou técnicos; ou (d) protexer os dereitos, propiedade ou seguridade de Apple, os seus usuarios, terceiros, ou do público segundo requira ou permita a lei.

En resumo, un interesante tema que require maior concienciación por parte de todos os implicados e, que segundo Oppenheim, demostra polo menos dúas cousas:

  • Algunhas cláusulas de exención de responsabilidade indican inmadurez e falta de confianza dos provedores na súa propia industria.
  • Hai aspectos legais, algúns explícitos e moitos máis implícitos, para os que non é previsible que, nin a curto nin a medio prazo, se poidan establecer marcos xurídos claros, amplamente aceptados e que sexan equilibrados á hora de fixar as obrigacións e dereitos de todas as partes.

Oppenheim, Charles: “Legislación sobre computación en la nube y negociación de contratos”. El profesional de la información. Vol. 21, n. 5 (2012); pp. 453-457. (http://www.elprofesionaldelainformacion.com/contenidos/2012/septiembre/02_esp.pdf ) [Consultado o 9/10/2012]
Oppenheim, Charles: “Cloud, law and contract negotiation” (http://www.elprofesionaldelainformacion.com/contenidos/2012/septiembre/02_eng.pdf ) [Consultado o 9/10/2012]

Advertisements

About carenal

Biblioteca Concepción Arenal da Universidade de Santiago de Compostela

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

10º Aniversario da Biblioteca Concepción Arenal
Código QR

Estatísticas do blog

  • 12,290 visitas