Dereito financeiro e tributario, Novidades bibiográficas, Profesorado

El Concepto de tributo e Financiación autonómica y reforma del Senado

Vimos de recibir na Biblioteca Concepción Arenal dúas obras do catedrático de Dereito Financeiro e Tributario da Universidade de Santiago de Compostela, César García Novoa.

No primeiro deles, El Concepto de tributo, o autor propón un percorrido científico de notable calado co obxecto de establecer os límites actuais da noción básica do Dereito tributario. Con gran destreza, ensaia un traballo de teoría xeral no que analiza a realidade do tributo nos nosos días, ao tempo que percorre os principios básicos da disciplina. A renovación desta obra fíxose partindo das tres concepcións históricas do tributo que podemos localizar hoxe en día.

En primeiro lugar, unha concepción clásica, baseada na protección da liberdade e a propiedade; neste marco histórico, acuñaránse os principios de capacidade económica como un atributo do feito impoñible e de legalidade como autoimposición, baseada na protección da propiedade.

En segundo lugar, unha concepción que é consecuencia da constitucionalización do tributo nas normas fundamentais, onde o tributo perde parte da súa orixe odiosa ao asentarse nun constitucional ‘deber fundamental de contribuir’ e onde a capacidade económica pasa a ser a medida da desigualdade no exercicio dese deber fundamental. Nesta etapa histórica, o tributo fundamentaráse na solidariedade, pasando a entenderse como un instrumento de política distributiva, na que os vellos tics que conciben ao tributo como un ataque á propiedade sobreviven a través da incorporación do principio de non confiscatoriedade aos textos constitucionais.

Por último, durante o desenvolvemento deste paradigma conceptual do tributo, o mesmo comeza a ser cualificado como un instrumento de política en xeral e de política económica en particular. Non se trata só do fenómeno da utilización extrafiscal do tributo. A crecente globalización e internacionalización da economía e, sobor de todo, a aparición de espazos de integración económica cun Dereito supranacional que prevalece fronte ao Dereito interno e que consagra a preeminencia das liberdades económicas, cambia a visión do tributo. Non se trata de falar exclusivamente do tributo en clave de xustiza. O imposto pasa a ser un obstáculo a certas liberdades económicas, recuperándose e consagrándose principios como a neutralidade fiscal.

A segunda monografía pon unha nova reflexión sobre a realidade Estado das autonomías á luz do da sentenza do Tribunal Constitucional 31/2010 sobre o Estatuto do Cataluña. Ao mesmo tempo, abórdase a función constitucional do Senado e as necesarias reformas para que actúe como unha verdadeira Cámara de representación territorial, xunto coa necesidade de atribuirlle competencias con relación ao financiamento do Estado das Autonomías.

Advertisements

About carenal

Biblioteca Concepción Arenal da Universidade de Santiago de Compostela

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

10º Aniversario da Biblioteca Concepción Arenal
Código QR

Estatísticas do blog

  • 12,744 visitas