Ciencia política, Novidades bibiográficas, Profesorado

¿Han conquistado las mujeres el poder político?

Vimos de recibir na Biblioteca Concepción Arenal a doazón da obra das profesoras da facultade de Ciencias Políticas Isabel Diz e Marta Lois ¿Han conquistado las mujeres el poder político? (P16-150, FP1-447), que leva como subtítulo Un análisis de su representación política en las instituciones autonómicas (Los Libros de la Catarata, 2012).

Son moitos os países que, nos últimos tempos, puxeron en marcha medidas dirixidas a asegurar unha presenza equilibrada de mulleres e homes nas súas institucións representativas e os datos revelan que cada vez son máis as mulleres que ocupan cargos de responsabilidade política.

Con todo, e a pesares destes logros, as autoras poñen a mirada na realidade de España para analizar a representación política das mulleres no marco das institucións políticas autonómicas e reflexionar sobre as súas posibles consecuencias. Cantas son as mulleres que toman decisións políticas en España? Como realizan este papel? E, sobre todo, cal foi o resultado da incorporación feminina á toma de decisións? Exercen elas realmente o poder?

Isabel Diz e Marta Lois

Doutoras en Ciencia Política e profesoras da Universidade de Santiago de Compostela, a súa actividad investigadora céntrase nos estudos de xénero e nos parlamentos e elites políticas. Entre as súas publicacións máis recentes destacan: Ciencia política contemporánea (xunto a Amparo Novo), “La institucionalización de la igualdad de género en Galicia: un camino abierto” e “La influencia de las políticas públicas de igualdad en la toma de decisiones: un análisis de los informes de impacto de género” (xunto a Alba Alonso).

Advertisements

About carenal

Biblioteca Concepción Arenal da Universidade de Santiago de Compostela

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

10º Aniversario da Biblioteca Concepción Arenal
Código QR

Estatísticas do blog

  • 12,486 visitas