Biblioteca Concepción Arenal, Exposicións, Filosofía do dereito, Socioloxía

Martha C. Nussbaum, Premio Príncipe de Asturias de Ciencias Sociais 2012

This slideshow requires JavaScript.

O próximo 26 de outubro faráse a entrega en Oviedo dos premios Príncipe de Asturias 2012. O Xurado do Premio de Ciencias Sociais 2012, acordou conceder o Premio Príncipe de Asturias de Ciencias Sociais 2012 á filósofa estadounidense Martha C. Nussbaum, profunda coñecedora do pensamento grego, pola súa contribución ás humanidades, a filosofía do dereito e da política e pola súa concepción ética do desenvolvemento económico.

E para celebralo, a Biblioteca Concepción Arenal quere achegarvos unha selección das súas obras. No centro de interese que montamos no vestíbulo poderedes atopar a maioría das monografías escritas por ela, moitas delas coa correspondente tradución castelá.

Nacida en Nova York, en 1947, Martha C. Nussbaum estudou na Universidade da súa cidade natal e doutorouse en Dereito e Ética en Harvard en 1975. Fundadora e coordenadora do Center for Comparative Constitutionalism, na actualidade é Ernst Freund Distinguished Service Professor de Dereito e Ética do Departamento de Filosofía da Facultade de Dereito e da Facultade de Teoloxía, da Universidade de Chicago, tras impartir docencia en Harvard, Brown e Oxford.

As súas teorías arrancan do convencemento de que as persoas que entenden de distinta maneira o ben poden porse de acordo sobre algúns principios éticos universais que sexan aplicables ondequeira que se dé unha situación de desigualdade e de inxustiza. Propuxo tamén un marco constitucional e político respetuoso coas tradicións e as institucións locais que sexa quen de traducirse en obxectivos políticos en contextos concretos, sentando as bases para fundamentar eticamente a axuda ao desenvolvemento.

No seu día recomendamos a obra Sin fines de lucro na que se fai unha reivindicación do estudo das humanidades e o exercicio do pensamento crítico, alarmada polo grao en que o estudo das humanidades está sendo abandonado -en todos os niveis de escolaridade e en todos os países- en beneficio de aprendizaxes máis directamente vencelladas coas actividades económicas.

Entre 1986 e 1993 foi asesora de investigación no World Institute for Development Economics Research (Helsinki). Presidiu o Comité para a Cooperación Internacional e o Comité para a Situación da Muller, ambos da Asociación Americana de Filosofía. Foi membro do Consello da Academia Americana das Artes e as Ciencias e da Unión do Consello Americano de Sociedades de Estudo. Membro da Academia de Finlandia e correspondente da Academia Británica (2008), é doutora honoris causa por máis de trinta universidades de Estados Unidos, Canadá, Asia e Europa.

Autora de máis de dezaseis libros sobre filosofía grega e latina, dereitos das mulleres, filosofía política, relixión e igualdade entre os humanos, obras que se poden consultar na BUSC, entre outras obras, Aristotle’s De Motu Animalium (1978), The Fragility of Goodness: Luck and Ethics in Greek Tragedy and Philosophy (1986, edición act. 2000), Love’s Knowledge (1990), The Therapy of Desire (1994), Poetic Justice (1996), For Love of Country? (1996), Cultivating Humanity: A Classical Defense of Reform in Liberal Education (1997), Sex and Social Justice (1998), Women and Human Development (2000), Upheavals of Thought: The Intelligence of Emotions (2001), Hiding From Humanity: Disgust, Shame, and the Law (2004), Frontiers of Justice:Disability, Nationality, Species Membership (2006), The Clash Within: Democracy, Religious Violence, and India’s Future (2007), Liberty of Conscience: In Defense of America’s Tradition of Religious Equality (2008), From Disgust to Humanity: Sexual Orientation and Constitutional Law (2010), Not For Profit: Why Democracy Needs the Humanities (2010), Creating Capabilities: The Human Development Approach (2011),  The New Religious Intolerance: Overcoming the Politics of Fear in an Anxious Age (2012), and Philosophical Interventions: Book Reviews 1985-2011 (2012). O seu próximo libro Political Emotions: Why Love Matters for Justice, será editado por Harvard no 2013.

A maioría destas obras están traducidas ao castelán: La fragilidad del bien: fortuna y ética en la tragedia y la filosofía griega (1978), Justicia poética: la imaginación literaria y la vida pública (1996), El cultivo de la humanidad: una defensa clásica de la reforma en la educación liberal (2004) y Las mujeres y el desarrollo humano: el enfoque de las capacidades (2000).

Bibliografía:

Agra Romero, María Xosé. Martha Nussbaum. En 20 pensadoras del siglo XX / María José Guerra, Ana Hardisson (eds.). Oviedo : Nobel, 2006. T. 2, p. 101-126

Advertisements

About carenal

Biblioteca Concepción Arenal da Universidade de Santiago de Compostela

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

10º Aniversario da Biblioteca Concepción Arenal
Código QR

Estatísticas do blog

  • 12,744 visitas