Biblioteca Concepción Arenal, Dereito eclesiástico e canónico, Historia do dereito, Personaxes, Reserva, Xuristas

Praxis beneficiorum. O libro máis antigo da Biblioteca Concepción Arenal

This slideshow requires JavaScript.

Fondo de reserva da Biblioteca Concepción Arenal está integrado polos libros anteriores a 1939 sendo, na súa maioría libros adquiridos pola Facultade de Dereito ao longo da súa historia e os procedentes das bibliotecas particulares integradas.

Inclúe coleccións formadas por xuristas do talle de Paulino PedretAgustín Fernández Albor ou de Camilo Barcia Trelles, que garanten o valor documental do mesmo, con obras fundamentais para a Historia do Dereito e, en particular, do Dereito español.

Praxis beneficiorum utilissima, acquirendi, conseruandique illa, ac amittendi modos continens, usumque & stylum literarum Curiae Romanae, formas denique signaturae, bullae simplicis … Authore d. Petro Rebuffo de Montepessulano … Accessit his singularium materiarum locupletissimus index in gratiam studiosorum per elementa alphabetica venustè digestus. Venetiis : [s. n.], 1560. [8], 456, [76] p. ; 4°

Non podemos considerar á edición que temos na biblioteca como unha obra “rara” pero sí cabe salientar a particularidade da súa impresión en Venecia neste ano de 1560, pois tanto as edicións anteriores como as posteriores foron impresas maioritariamente en Lyon (Lugduni) e Paris.

Praxis beneficiorum (1553, con moitas novas edicións de 1560, 1579, 1599 ou 1620), é unha das obras máis coñecidas de Rebuffi, onde con estilo claro e preciso expón os requisitos necesarios para acceder aos beneficios e para conservalos, así como para que se produza a perda dos mesmos.

Aínda que o impresor non figure nin na portada nin no colofón, é moi posible que a marca impresa na portada se corresponda coa usada polo impresor veneciano Comin da Trino, fonte en forma de ánfora soportada por putti, que usou ademáis varias marcas de impresor: Neptuno con tridente, águia, reloxo de pesas, e tamén esta fonte cos nenos (putti), marca que foi empregada tamén por outros impresores da época, pois en moitas descricións bibliográficas figura no lugar do impresor a frase [al segno della Fontana = baixo a marca da Fonte].

Pierre Rebuffi (Rebuffe, Rebuffus) é un canonista e civilista francés do século XVI do que se garda escasa memoria, a pesares da fama que tivo en vida e da súa ampla obra científica, obxecto de numerosas reedicións. De acordo cos costumes da época, os seus servizos coma docente foron solicitados por diversas universidades: Poitiers, Bourges e Paris, a partires de 1534, onde ensinará Dereito canónico, compaxinándoo coa profesión de avogado. Ordenado sacerdote aos sesenta anos, pasou a última etapa da súa vida adicado ao estudo e a escribir a maior parte das súas obras.

Foi un autor prolífico, pois escribiu numerosas obras xurídicas destacando, entre os traballos en Dereito canónico Praxis beneficiorum (1553); Tractatus concordatorum, quae inter Sanctiss. D. Nostrum Papam Leonem X. & Sedem Apostolicam, ac Christianiss. D. Nostrum REgem Franciscum & regnum sunt edita (1536), do que hai un exemplar na BUSC de 1576, no que Rebuffi volve sobre os beneficios a propósito das novidades introducidas nesta materia polo concordato asinado en Bolonia en 1516; Responsa et consilia Do.Petri Rebuffi… : quibus de variis materiis in iure incidentibus praecipue vero de materia beneficialis consultus omnibus ex facto prudentissime respondit (1587).

Entre as obras relativas ao Dereito civil, destacan Commentaria in constitutiones seu ordinationes regias …, do que na BUSC temos unha edición de 1567; In Tit. Dig. de verborum et rerum significatione commentaria amplissima, na BUSC con edición de 1586

Bibliografía:

  • Biographie Universelle, Ancienne et Moderne, ou Histoire, par ordre alphabetique, de la vie publique et privée de tous les hommes qui sont fait remarquer par leurs écrits,… leurs vertus ou leurs crimes. T. XXXVII (Paris, 1824)
  • Lete Achirica, Javier. Pierre Rebuffe. En Juristas universales / Rafael Domingo (ed.). Madrid : Marcial Pons, 2004. V. II ; p. 132-134
Advertisements

About carenal

Biblioteca Concepción Arenal da Universidade de Santiago de Compostela

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

10º Aniversario da Biblioteca Concepción Arenal
Código QR

Estatísticas do blog

  • 12,744 visitas