Cine e TV

Vida dun estudante

Novidade na nosa coleccion de Cine e Dereito, que pode solicitar en préstamo:

The Paper Chase (Vida dun estudante, 1973) de James Bridges, baseada na novela de John Jay Osborn Jr., é unha película protagonizada por Timothy Bottoms, Lindsay Wagner e John Houseman e dirixida por James Bridges.

Trama

A película preséntanos tres planos nos que se desenvolve o alumno James T. Hart (Timothy Bottoms), un brillante e traballador de primeiro ano da Harvard Law School, unha das escolas de leis máis importante dos Estados Unidos, que trata de sobrevivir ás clases do lendario profesor de Dereito de Contratos, Charles W. Kingsfield Jr. (John Houseman), o verdadeiro imán do guión, estricto, tiránico, sarcástico e dominante profesor. Por outra banda, as cousas ademáis complicaránse cando descubre que a moza coa que sae,  Susan (Lindsay Wagner), é a filla do citado profesor. E finalmente, vémolo interactuar dentro do heteroxéneo grupo de estudo no que se integrou, e no que se xenerarán unha serie de tensións.

A figura máis interesante é sen dúbida a do profesor de Contratos. O vello e severo Kingsfield é, a pesares dos anos, unha lenda vivinte da Facultade e nos corredores, cafetería e biblioteca escoitanse historias de humillacións aos alumnos na clase. O propio Hart comprobará na súa pel a certeza desta lenda. Kingsfield imparte os seus coñecementos a partires do que el denomina o método socrático. Manténdose alonxado da figura do catedrático tradicional onde se sermonea aos alumnos que recollen pasivamente os apuntes impartidos pola cátedra. O profesor Kingsfield, advirte claramente aos seus alumnos ao inicio do curso, que para eles o estudo do Dereito é algo novo e descoñecido (…), a diferencia dos seus métodos de aprendizaxe no pasado aquí usamos o método socrático. Eu chámoos, fágolles unha pregunta e vostedes contestan. A partires das miñas preguntas aprenderán a ensinarse a sí mesmos. (…) Ás veces crerán que encontraron a resposta correcta, asegúrolles que é unha idea delirante pola súa parte, xamáis encontrarán a resposta correcta, absoluta e final. O obxectivo declarado é adestrar as mentes pois chegan cun cráneo cheo de papilla e márchanse pensando como avogados.

Pero Kingsfield non exixe aos seus alumnos un esforzo insustancial, intrascendente, como é memorizar os materiais de clase. Ademáis, pedirá unha profunda e completa capacidade de análise, menospreciando o esforzo daqueles que só se limiten a repetir os feitos dos casos estudados como se foran unha fotocopiadora: unha memoria fotográfica non serve absolutamente de nada, sen a habilidade de analizar a gran cantidade de información que se ten entre as orellas. Bridges non escatima en amosarnos cómo é que aínda cando todos os alumnos parten coas mesmas ferramentas o éxito universitario só está reservado para uns poucos, aqueles que internalizan o esforzo diario cunha innegable capacidade.

Esta película inspirou unha serie de televisión de catro tempadas filmadas entre 1978 e 1986, desde o ingreso dun estudante ata a súa graduación en Dereito, mantendo ao profesor Charles Kingfield como protagonista.

Ficha

Vida de un estudiante [The Paper Chase] / James Bridges, 1973, EE.UU, 106 min. Twentieth Century-Fox e Thompson Films. Guión: James Bridges, John Williams, música, Fotografía, Gordon Willis, reparto, Timothy Bottoms, Lindsay Wagner, John Houseman, Graham Beckel, James Naughton, Edward Herrmann, Craig Richard Nelson, Robert Lydiard, Lenny Baker, David Clennon, Regina Baff, Irma Hurley, Bill Moher, Blair Brown, Richard Whelan.

Advertisements

About carenal

Biblioteca Concepción Arenal da Universidade de Santiago de Compostela

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

10º Aniversario da Biblioteca Concepción Arenal
Código QR

Estatísticas do blog

  • 12,290 visitas