Ciencia política, Cine e TV

A doutrina do Shock

Hoxe querémosvos traer esta obra da ideóloga antiglobalización Naomi Klein, que está moi de actualidade, a teor dos préstamos e reservas que están a ter os exemplares que hai na biblioteca universitaria. Ademáis, consideramos que vos pode axudar a complementar a lectura da obra de Klein este documento emitido en xaneiro deste ano en “El documental de La 2”  de TVE: La doctrina del shock: una contrahistoria del neoliberalismo, que nos descubre as orixes das teorías radicais de Milton Friedman e a súa posta en práctica en países como o Chile de Pinochet, a Rusia de Yeltsin, a Gran Bretaña de Thatcher e Afganistán e Irak.

Paga a pena velo!

Cando Naomi Klein escribiu o seu libro La Doctrina del Shock a crise aínda non se amosara en toda a súa crudeza. A tese central que manexaba neste libro era que o descaro co que actuaban as forzas de goberno global contra os dereitos da poboación só se podía entender grazas á configuración dun escenario do medo, ambiente que facía que a sociedade quedase desorientada e impactada polos acontecementos, disposta a asumir decisións impensables en estados de ánimo más sereos.

Sen dúbida, moitas das teses expresadas por Klein teñen un claro reflexo na crise europea. España vive un momento onde o medo ao paro, ao desafiuzamento ou á perda de dereitos sociais vívese moi de cerca, visualizándose así o derrubamento de todo un modelo de vida. Facéndose patente tanto nos sectores máis excluidos como, cada vez máis, no desplome das clases medias.

Advertisements

About carenal

Biblioteca Concepción Arenal da Universidade de Santiago de Compostela

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

10º Aniversario da Biblioteca Concepción Arenal
Código QR

Estatísticas do blog

  • 12,744 visitas