Biblioteca Concepción Arenal, Facultade de Dereito, Filosofía do dereito, Personaxes, Profesorado

Carolina Rovira Flórez de Quiñones (1942-2012)

O pase de diapositivas require JavaScript.

María Carolina Rovira Flórez de Quiñones (Cervera de Pisuerga, Palencia 1942-Santiago de Compostela 2012). Licenciouse en dereito pola Universidad de Granada en 1966 e graduouse como Doutora en Dereito na Universidade de Santiago de Compostela en 1969, coa cualificación de Sobresaliente cum laude.

Exclusivamente adicada á investigación e á docencia dende que rematou os estudos de licenciatura, presta os seus servizos á Universidade Galega como Profesora Axudante de Clases Prácticas do Departamento de Filosofía do Dereito dende o curso 1966-67, e  dende 1973, xa como Titular de Universidade, dende 1975 ata a súa xubilación en 2007.

Foi colaboradora das revistas Anales de la Cátedra Francisco Suárez, de Granada, e Verbo, de Madrid.

En 1968 defendeu a súa tese de doutoramento La filosofía jurídica de Felipe Clemente de Diego y Gutiérrez (1866-1945), baixo a dirección de Francisco Puy Muñoz, publicada dous anos máis tarde en Santiago de Compostela por Porto y Cia, na súa colección Biblioteca hispánica de filosofía del derecho. Nela trata de analizar o substrato ideolóxico básico que soporta a formidable obra civilística de don Felipe Clemente de Diego, antigo profesor da Universidade de Santiago, e unanimemente recoñecido como o primeiro xurista español da primeira metade do século XX.

En marzo de 1993 celebráronse na Facultade de Dereito da Universidade de Santiago as Decimocuartas Jornadas de Profesores de Filosofía Jurídica y Social, organizadas por la Sociedad Española de Filosofía Jurídica y Social. O congreso estivo adicado a dous temas monográficos: o Nacionalismo e a Historia da Filosofía do Dereito Española. Os profesores Puy Muñoz, Rovira Flórez de Quiñones, Otero Parga, Segura Ortega e Rodríguez-Toubes Muñiz, organizadores das Jornadas, consideraron oportuno publicar por separado as ponencias e comunicacións relativas a cada tema.

Este volume, con edición ao coidado dos Profs. Drs. D. Francisco Puy Muñoz, Dª Carolina Rovira Flórez de Quiñones e Dª Milagros Otero Parga, recolle as aportacións que versaron sobre a Problemática actual da Historia da Filosofía do dereito Española coa idea de fundamentar a nosa produción orixinal nos nosos propios precedentes, e se non dispomos dunha “Historia de la Filosofía del Derecho Española nuestra es muy difícil que podamos disponer de una Teoría del Derecho Española identificable como tal mundo adelante”.

Foi Secretaria da Facultade de Dereito durante moitos anos, dende o 20/12/1978 ata o 16/11/1994. E igualmente, foi a primeira presidenta da Comisión da Biblioteca Concepción Arenal, dende onde lle queremos ofrecer unha sentida e cálida homenaxe.

About carenal

Biblioteca Concepción Arenal da Universidade de Santiago de Compostela

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar un comentario

10º Aniversario da Biblioteca Concepción Arenal
Código QR

Estatísticas do blog

  • 18.379 visitas