Biblioteca Concepción Arenal, Historia económica, Reserva

As nosas fontes. Diccionario Geográfico-estadístico de España y Portugal

O  Diccionario Geográfico-estadístico de España y Portugal terminouse de publicar en 1829 e o seu autor foi Sebastián de Miñano y Bedoya (1779-1845) escritor, xornalista, xeógrafo, historiador e político afrancesado español.

A edición do seu monumental dicionario xeográfico entre 1826 e 1829, en 11 volumes, demostra unha grande capacidade de traballo, pois conseguiu rematar en cinco anos a primeira obra deste tipo en España, que hoxe aínda é útil obra de consulta. Polemizou, con todo, sobre as insuficiencias desta obra co xeógrafo Fermín Caballero, quen lanzou algúns folletos satíricos contra Miñano, tales como os dez cadernos da Corrección fraterna al Presbítero Sebastián Miñano, por un subscritor arrepentido (Madrid, 1827-1828), ou o de Engadidos á Corrección fraterna… por D.F.C. (sic) (Madrid, 1830), onde incorporaba un mapa satírico do que sería España segundo o dicionario de Miñano.

A fonte principal de Miñano segue a ser, como na época das Relacións de Felipe II, os curas párrocos “á cada un dos cales escribín separadamente, pedíndolles nocións certas e positivas dos seus respectivos pobos e dos inmediatos”, pero tamén agradece a axuda que lle prestaron, entre moitos outros, o director da Real Academia da Historia, Martín Fernández Navarrete, e o censor Juan Agustín Ceán Bermúdez.

Domingo Fontán (1788-1866) coñeceu ao abate Sebastián de Miñano y Bedoya, que por este tempo traballaba no Diccionario Geográfico y Estadístico de España y Portugal, quen lle solicitou información para a redacción da citada obra. Fontán accedeu á petición e proporcionoulle o mapa da parte occidental de Galicia, que estaba a piques de rematar.

Hoxe en día hai feitas moitas edicións dixitais do Diccionario Geográfico-estadístico de España y Portugal, e nós propoñémosvos o acceso electrónico á da Biblioteca Digital de Castilla y León (BDCYL), pois contén un buscador de termos moi útil.

Advertisements

About carenal

Biblioteca Concepción Arenal da Universidade de Santiago de Compostela

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

10º Aniversario da Biblioteca Concepción Arenal
Código QR

Estatísticas do blog

  • 12,486 visitas