Ciencia política, Novidades bibiográficas, Profesorado

O futuro é posible

O futuro é posible (P/GA8-97 )é o título da novidade da que vos falamos hoxe. Trátase dunha obra do profesor numerario na USC Emilio Pérez Touriño.

Presentado recentemente, é o retrato dun tempo de mudanza, Galicia (1998-2009), no que recolle o seu ascenso político como líder do socialismo galego, a súa etapa á fronte do Executivo autonómico do bipartito e a súa derrota electoral.

O futuro é posibleRetrato dun tempo de cambio. Galicia (1998-2009), recolle a memoria dun período recente da historia da Galicia contemporánea contado en primeira persoa polo autor. O expresidente traza unha radiografía de infinidade de personaxes políticos, analiza os momentos cumbres de Galicia entre 1998 e 2009 e analiza sas súas campañas electorais, comicios e o seu propio proxecto político «dun tempo apaixonante no que aprendín a querer aínda máis a miña terra a os meus paisanos».

O libro nace como resposta á gran débeda contraída coa maioría social do país, cos que apostaron polo cambio en 2005 e cando menos, cos 795.200 galegas e galegos que apoiaron a coalición de goberno nas eleccións autonómicas de 2009. Porque, en opinión do autor, todos e cada un deles merecen unha explicación que non se lles deu. Porque teñen dereito a coñecer as razóns, os feitos, o transcurso dun proxecto no que tiñan depositadas tantas expectativas que non se puideron prolongar.

As páxinas de O futuro é posible non son nin unhas memorias nin un texto de socioloxía política. Pretenden ser a historia dun traxecto, o percorrido dunha experiencia compartida contada en primeira persoa, tal e como a viviu e a percibiu o autor e, polo tanto, con toda a súa carga de subxectividade, asumindo o risco de equivocarse. Foron escritas dende o compromiso de non edulcorar nada do acontecido e sen fuxir da autocrítica necesaria. E sobre todo, coa esperanza de que este libro poida ser útil a todos aqueles que seguen soñando coa mellor Galicia e dende a mesma convicción de que o futuro é posible.

Emilio Pérez Touriño (A Coruña, 1948) é doutor en Ciencias Económicas e profesor numerario na USC. Autor de numerosos traballos, entre os que destaca Economía campesiña e capital: a evolución da agricultura galega (1960-1980), foi Premio Nacional de publicacións agrarias en 1982 co estudo Agricultura y capitalismo. Análisis de la pequeña producción campesina. Máis recentemente, publicou A Galicia emprendedora e En clave de país e, no 2012, dirixiu El espacio eurorregional Galicia-Norte de Portugal. Crisis y perspectivas.

Comprometido cos movementos democráticos de loita polas liberdades, participou directamente no proceso do Estatuto de Autonomía de Galicia e nos Pactos do Hostal. Subsecretario do Ministerio de Transportes e secretario xeral de Infraestruturas entre 1985 e 1994, foi secretario xeral do PSdeG de 1998 a 2009, e presidente da Xunta de Galicia durante o período 2005-2009.

Descarga, de balde, o primeiro capítulo.

Fonte: Editorial Galaxia

Advertisements

About carenal

Biblioteca Concepción Arenal da Universidade de Santiago de Compostela

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

10º Aniversario da Biblioteca Concepción Arenal
Código QR

Estatísticas do blog

  • 12,744 visitas