Dereito comunitario, Dereito mercantil, Noticias Xurídicas, Propiedade intelectual

París sede do novo Tribunal Europeo de Patentes

European Patent OfficeParís vai ser a sede do novo Tribunal Europeo de Patentes, que ademáis contará con salas especializadas en Londres (produtos químicos e fármacos) e Munich (enxeñaría mecánica), segundo o acordo acadado este luns polos Gobernos da UE.

A elección da sede do tribunal que dirimirá os conflitos completa definitivamente o acordo para crear unha patente única europea. Segundo o acordado finalmente polos 25 países membros, as patentes só estarán dispoñibles en inglés, francés e alemán, anque os interesados poderán someter as súas solicitudes en calquera idioma da Unión e despois do rexistro, a patente será traducida nos tres idiomas indicados. España e Italia non participaron nesta iniciativa por considerar que discrimina ao español e ao italiano.

Unha vez sexa aprobado polo Parlamento Europeo o acordo tomado o 19 de novembro, e ratificado por parte dos Estados membros (o que se calcula que vai suceder a finais de 2013), cóntase con que a primeira patente europea podería concederse en abril de 2014, e con que a patente única europea reducirá nun 80% os custes para os innovadores (fundamentalmente os de tradución), sendo suficiente con rexistrar a patente en calquera país europeo, para que ao día seguinte sexa válida en todo o ámbito comunitario.

Actualmente, a Oficina Europea de Patentes  (EPO) avalia as peticións e concede a patente europea, se o caso cumpre os requisitos previstos. Sen embargo, para que esta teña efecto nun Estado membro, o inventor ten que solicitar a súa validación nacional en cada país onde desexe que a patente esté protexida. Isto conleva elevados custos administrativos e de tradución, que queren evitarse coa posta en marcha deste sistema único para toda Europa.

Advertisements

About carenal

Biblioteca Concepción Arenal da Universidade de Santiago de Compostela

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s