Biblioteca Concepción Arenal, Exposicións

Día Internacional de Loita contra a violencia de xénero

This slideshow requires JavaScript.

A Biblioteca Concepción Arenal quere sumarse a esta conmemoración, e para elo amosámosvos no vestíbulo unha escolma das novidades bibliográficas recibidas no último ano sobre o tema, dende o punto de vista xurídico, político e social,  co obxecto de sensibilizar á comunidade universitaria no Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres

O 25 de novembro foi declarado Día Internacional contra a Violencia de Xénero no 1º Encuentro Feminista de Latinoamérica y del Caribe, celebrado en Bogotá (Colombia) en xullo de 1981, onde as mulleres denunciaron a violencia de xénero a nivel doméstico e a violación e o acoso sexual a nivel de estados incluindo a tortura e os abusos sufridos por prisioneiras políticas.

Escolleuse o 25 de novembro para conmemorar o violento asasinato das irmás Mirabal (Patria, Minerva y Maria Teresa), tres activistas políticas asasinadas o 25 de novembro de 1960 a mans da policía secreta do dictador Rafael Trujillo na República Dominicana. Os seus cadáveres destrozados apareceron no fondo dun precipicio. Para o movemento popular e feminista da República Dominicana históricamente estas mulleres simbolizaron a loita e a resistencia.

En 1999, a ONU, a través da resolución 54/134 Documento PDF en inglés , deu caracter oficial a esta data, e dende entón o mundo conmemora neste día a loita das mulleres por eliminar esta lacra social.

Sitio Oficial de Nacións Unidas do Día Internacional de la Eliminación de la Violencia contra la Mujer

Advertisements

About carenal

Biblioteca Concepción Arenal da Universidade de Santiago de Compostela

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

10º Aniversario da Biblioteca Concepción Arenal
Código QR

Estatísticas do blog

  • 12,486 visitas