Biblioteca Concepción Arenal, Noticias e novidades, Varios

Día Mundial da Loita contra o VIH-SIDA

Con motivo da celebración do Día Mundial da Loita contra o VIH-SIDA o próximo 1 de decembro, temos instalada na biblioteca Concepción Arenal unha mesa informativa, dentro das accións levadas a cabo dende a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, a través dos centros Quérote+.

Esta mesa conta con dous técnicos do Quérote+ para informar, solventar dúbidas e facer difusión de material durante a xornada. Está na entrada da biblioteca.

A realidade en relación á infección por VIH ten mudado extraordinariamente en certos aspectos, desde a súa concepción inicial, na que non existía información sobre o virus, ata o día de hoxe no que manexamos conceptos como proba rápida do VIH, detepción precoz, terapia retroviral de grande actividade, etc. Nestes anos déronse grandes pasos na mellora de calidade de vida das persoas de VIH e na transmisión, aínda que non hai dúbida de que nos quedan pasos por dar.

Desde Quérote+ traballan desde a perspectiva da diversidade e da pluralidade. Os seus esforzos con centros especializados en diferentes temáticas que tocan de maneira máis directa ou indirecta o VIH, como poden ser a educación sexual e a convivencia, céntranse en promover:

  • Unha información científica actualizada sobre VIH
  • O diagnóstico precoz, coa realización coa proba de detepción con fluído oral, denominada proba rápida do VIH
  • Unha educación sexual desde a diversidade, para todos e para todas, na que se ofrece unha información verídica sobre as vías de transmisión, sobre os medios de proteción etc.
  • A idea de que a presenza do VIH non lle retira ás persoas a capacidade de sentir, de desexar, de buscar e recibir sensación que lle xeneran benestar e pracer.
Advertisements

About carenal

Biblioteca Concepción Arenal da Universidade de Santiago de Compostela

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

10º Aniversario da Biblioteca Concepción Arenal
Código QR

Estatísticas do blog

  • 12,744 visitas