Biblioteca Concepción Arenal, Dereito internacional público, Dereitos humanos, Exposicións

Día dos Dereitos Humanos

Todos sabemos que hai un gran número de “días” (ou semanas, ou meses, ou ás veces todo o ano!) para espallar e celebrar eventos importantes ou destacar temas diferentes. Hai algún serios, como o Día Mundial da SIDA, e tamén hai algúns que son un pouco menos serios…

Un día (serio, por suposto) que debemos celebrar é o Día dos Dereitos Humanos. Este día celébrase cada 10 de decembro para conmemorar a adopción da Declaración Universal dos Dereitos Humanos (DUDH) pola Asamblea Xeral das Nacións Unidas nesa data de 1948.

A Declaración Universal foi a primeira afirmación universal de que todos os seres humanos teñen dereitos inherentes que son inalienables e ten, en palabras da Oficina do Alto Comisionado para os Dereitos Humanos das Nacións Unidas, que “pór a dirección para todo traballo subseguinte no campo de dereitos humanos e proporcionar a filosofía básica para moitos legalmente ligando os instrumentos internacionais deseñados para protexer os dereitos e liberdades que proclama.

Declaración Universal dos Dereitos Humanos (DUDH) foi elaborada entre xaneiro de 1947 e decembro de 1948. A Declaración Universal, encamiñada a proporcionar un marco global para os dereitos humanos, representa un cambio significativo na dirección dos acontecementos que rodearon a Segunda Guerra Mundial e a época colonial. A Declaración Universal dos Dereitos Humanos, o primeiro enunciado mundial dos dereitos humanos, considérase o documento máis traducido da historia moderna. Está dispoñible en máis de 400 idiomas e novas traducións séguense agregando.

O 10 de decembro de 1948, no Palais de Chaillot en París, a Asamblea Xeral das Nacións Unidas aprobou e proclamou a Declaración Universal dos Dereitos Humanos. Tras deste acto histórico, a Asamblea pediu a todos os países membros que publicaran o texto da declaración e dispuxeran que “fora distribuído, exposto, lido e comentado nas escolas e outros establecementos de ensino, sen distinción fundada na condición política dos países e dos territorios”. En 1950, a Asamblea Xeral invitou a todos os estados membros e ás organizacións interesadas a que observaran o 10 de Decembro de cada ano como Día dos Dereitos Humanos.

Co transcurso do tempo fóronse desenvolvendo diversos instrumentos e mecanismos para asegurar a primacía destes dereitos e para facer fronte ás violacións dos mesmos. Sen embargo estamos asistindo a unha profunda crise dos valores e principios contidos na Declaración Universal, incluso no seo daqueles países que foron os seus principais promotores. Os exemplos son múltiples e afectan a países con réximes de moi variado signo político, cultural e xeográfico. Acontecementos recentes non fan mais que confirmar esta constatación. Semella que retrocedemos a tempos de fundamentalismos fanáticos e excluíntes, nos que os fins xustifican a utilización de calquera tipo de medios. Parece como se tiveramos esquecido as grandes leccións da historia máis recente.

Os dereitos humanos son os dereitos e liberdades inherentes a todo ser humano sen discriminación algunha por motivos de nacionalidade, orixe étnica, xénero, credo, relixión, idioma ou calquera outra distinción.

A miña voz conta

A Biblioteca Concepción Arenal quere sumarse a esta conmemoración, e para elo amosámosvos no vestíbulo unha escolma das novidades bibliográficas recibidas no último ano sobre o tema deste ano A miña voz conta, dende o punto de vista xurídico, político e social,  co obxecto de sensibilizar á comunidade universitaria no Día dos Dereitos Humanos.

Dereitos Humanos

A cuestión que acapara a atención este ano é o dereito de todas as personas sen distinción do seu sexo, a súa idade, grupo étnico, posición social ou de se padecen algunha discapacidade, a facer oír a súa voz na vida pública e a ser incluidos no proceso de adopción de decisións políticas.

Estes dereitos fundamentais –os da liberdade de opinión e expresión, os da liberdade de reunión e asociación pacíficas e o de participar no goberno (artigos 19, 20 e 21 da Declaración Universal de Dereitos Humanos)- estiveron no centro dos cambios históricos no mundo árabe desde hai dous anos, período en que millóns de persoas se botaron á rúa para demandar cambios. Noutras partes do mundo o «99%» fixo sentir a súa voz mediante o movemento mundial dos indignados para protestar pola desigualdade económica, política e social.

A exposición está, pois, deseñada para promover a comprensión e o recoñecemento da dignidade intrínseca e os dereitos inalienables de todos os membros da familia humana.

Dereito Internacional dos Dereitos Humanos

Advertisements

About carenal

Biblioteca Concepción Arenal da Universidade de Santiago de Compostela

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

10º Aniversario da Biblioteca Concepción Arenal
Código QR

Estatísticas do blog

  • 12,290 visitas