Bases de datos, Ciencia política, Noticias e novidades, Recursos web, Tecnoloxías da información

Repositorio Dixital de CLACSO

ClacsoRepositorio Dixital de CLACSO (Consejo Latinoamericano de Ciencias Sociales), ofrece acceso libre e gratuito á produción dos 324 Centros Membros de CLACSO en 25 países de América Latina e o Caribe. É un servizo de CLACSO coa participación dos grupos de Editores e Biblioteca e Ciencias Sociais Multimedia dos Centros Miembros de CLACSO. Actualmente, pódese acceder a máis de 30.000 textos completos de artigos, documentos de traballo, libros e ponencias publicados pola rede CLACSO.

O Repositorio Dixital de CLACSO está conformado como unha Rede de Bibliotecas Virtuais de Ciencias Sociais de América Latina e o Caribe  e é unha iniciativa colaborativa que difunde a produción da rede de Centros Membros e programas de CLACSO desde 1998.

A partires do firme obxectivo de contribuir á difusión da produción académica dos centros membros e programas, foise conformado unha Rede de Bibliotecas Virtuais en forma cooperativa, descentralizada e respectando a filosofía do acceso aberto. A mesma, procura incrementar o impacto dos resultados desa produción en educación, investigación, nos actores sociais e a sociedade no seu conxunto.

Ofrécese ao público acceso libre e gratuito aos siguientes servizos:

  • Sala de Lectura con textos dixitais completos de artigos, documentos de traballo, libros, ponencias e teses publicados por centros membros e programas de CLACSO
  • Portal Multimedia con producións audiovisuais, radios en liña, arcquivos de audio e colecciones fotográficas realizadas por Centros Miembros de CLACSO

Que é CLACSO?

O Consejo Latinoamericano de Ciencias Sociales (CLACSO) é unha institución internacional non-gubernamental, creada en 1967 a partires dunha iniciativa da UNESCO, institución na que posúe estatus Asociativo. Na actualidade, reúne máis de 300 centros de investigación e máis de 600 programas de posgrao en Ciencias Sociais e Humanidades (mestrados e doutorados), radicados en 25 países de América Latina e o Caribe, en Estados Unidos e en Europa. Os obxectivos do Consejo son a promoción e o desenvolvemento da investigación e o ensino das Ciencias Sociais, así como o fortalecemento do intercambio e a cooperación entre institucións e investigadores de dentro e fóra da rexión. Do mesmo xeito, promove o activo espallamento do coñecemento producido polos científicos sociais nos movementos sociais, as organizacións populares e as entidades da sociedade civil. A través destas actividades, CLACSO contribúe a repensar, desde unha perspectiva crítica e plural, a problemática integral das sociedades latinoamericanas e caribeñas.

Advertisements

About carenal

Biblioteca Concepción Arenal da Universidade de Santiago de Compostela

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

10º Aniversario da Biblioteca Concepción Arenal
Código QR

Estatísticas do blog

  • 12,423 visitas