Personaxes, Varios

Centenario do nacemento de Francisco Fernández del Riego

Del RiegoHoxe celébrase o Centenario do nacemento de Francisco Fernández del Riego, Don Paco, unha importante personalidade do mundo da cultura en Galicia á que estaremos sempre agradecidos polo seu incansable labor.

Nacido en Vilanova de Lourenzá, en Lugo, o 7 de xaneiro de 1913, foi unha das figuras máis relevantes do ensaio e a crítica literaria galega. Avogado de profesión, comezou a militar nas filas do galeguismo durante o período republicano, intervindo en diversos proxectos do grupo Nós e o Seminario de Estudos Galegos.

Licenciado en dereito e en Filosofía e Letras pola Universidade de Santiago, foi un grande activista cultural desde a súa xuventude, exerceu a docencia universitaria; en 1936 foi destituído e inhabilitado para a docencia, e, finalizada a guerra, participou, xunto a outros  intelectuais galegos, na reconstrución do galeguismo.

Fernández del Riego contribuiu a favorecer a recuperación da cultura galega dende a Editorial Galaxia, da que foi un dos principais artífices xunto con Ramón Piñeiro e Xaime Illa Couto, que en 1950 abre canles de expresión para un segundo rexurdimento da literatura galega; e dende a Real Academia Galega, na que ingresou en 1960 e da que foi presidente entre novembro de 1997 e maio do 2001. Nas páxinas de Grial, a revista que axudou a fundar en 1963, codirixiu xunto a Ramón Piñeiro e que hoxe continúa publicándose, deixou espazo para os literatos e pensadores que comezaban a revolucionar as letras baixo a dictadura. Director da Biblioteca Penzol desde a súa fundación, e desde ela exerceu o seu maxisterio cultural, intelectual e de divulgación. Grazas á súa iniciativa instituíuse o Día das Letras Galegas.

Autor de numerosas publicacións, foi o impulsor de moitas actividades culturais, un apaixonado por Galicia que asinou co seu nome ou baixo pseudónimo como o de Salvador Lorenzana miles de artigos en xornais e revistas de América, Galicia, Madrid ou Cataluña, ademais de libros de divulgación referentes a temas galegos, creación, libros de memorias e tamén de viaxes.

Os sus estudos sobre a literatura do país foron referenciais durante anos. A Escolma de poesía galega que publicou en 1957 recuperou para os lectores de Galicia a obra poética dos escritores exiliados e redactou un Manual de Historia de la literatura gallega. En 1991 e en 2004 deu á imprenta volumes de memorias –O río do tempo e Camiño andado e recompilou en numerosas ocasións as súas intervencións na prensa, na que foi, de longo, o intelectual máis activo da súa xeración.

Pasou a maior parte da súa vida en Vigo, e foi precisamente a esta cidade á que donou, no ano 1995, os seus fondos bibliográficos, documentais e artísticos, que se poden contemplar na Fundación Penzol, da que foi presidente ata finais do 2009. Faleceu o 26 de novembro de 2010 á idade de 97 anos.

Como unha das principais figuras de Galicia, don Paco foi recoñecido con numerosos galardóns, como o Premio Trasalba, o Pedrón de Ouro, a Medalla de Ouro da Cidade de Vigo, o Premio de creación Cultural da Xunta de Galicia, o Premio Celanova, o premio A casa dos Poetas, unha Medalla Castelao, o Premio das Artes e das Letras de Galicia e outros. Foi unha importante personalidade do mundo da cultura en Galicia á que estaremos sempre agradecidos polo seu incansable
labor.

Advertisements

About carenal

Biblioteca Concepción Arenal da Universidade de Santiago de Compostela

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

10º Aniversario da Biblioteca Concepción Arenal
Código QR

Estatísticas do blog

  • 12,423 visitas