Cine e TV, Noticias e novidades, Recursos web, Varios

Noticiario NO-DO (1943-1981) en consulta libre por internet

NO-DOA Filmoteca Española conta con algunhas coleccións de fondos fílmicos, que constitúen valiosos documentos históricos dunha determinada época. Entre éstas destacan os arquivos de NO-DO. A importancia como fonte documental histórica diversifícase en varios campos da cultura: lingua, moda, usos e costumes, feitos históricos ou efemérides deportivas, por exemplo.

Desde o pasado mes de decembro RTVE.ES e Filmoteca Española abren ests documentos excepcionais da historia da transformación de España á súa consulta libre en Internet, desde todo tipo de dispositivos: ordenadores, tabletas, smartphones e televisións conectadas.

O NO-DO (acrónimo de Noticiarios y Documentales) creouse por acordo da Vicesecretaría de Educación Popular do goberno Franquista, o día 29 de setembro de 1942, como un servizo de difusión de noticiarios e reportaxes, filmados en España e no estranxeiro, “co fin de manter, con impulso propio e directriz adecuada, a información cinematográfica nacional“. Atribuiuse ao NO-DO a exclusiva da produción de noticiarios, e decretouse a obriga da súa exhibición en todos os cines do Territorio Nacional, Posesións e Colonias. A súa primeira proxección tivo lugar o 4 de xaneiro de 1943 e así se mantivo durante trinta e dous anos ata que, en 1975, deixou de ser obrigatoria  a súa exhibición.

O réxime franquista serviuse do NO-DO, durante anos, para presentar unha visión peculiar de España e do resto do mundo, con escasas posibilidades de contraste por parte dos espectadores; a prensa e a radio estaban censuradas e controladas.

Que o NO-DO foi vehículo de propaganda do réxime franquista ninguén o dubida; non esquezamos que os motivos que levaron a crealo foron os de educar, formar e informar, cinematográficamente e en exclusiva. Os seus Directores exerceron sobre el un severo control. Transcurrido o tempo, e cunha perspectiva histórica, constátase que esas premisas non acadaron unha aplicación exacta, en comparación cos noticiarios da Alemaña nazi ou cos do réxime stalinista e incluso cos ingleses e os norteamericanos da época.

Os arquivos de NO-DO están compostos por tres clases de documentos: os arquivos fílmicos, os rexistros sonoros do documento audiovisual e os documentos textuais.

  • No-Do para España: 1.966 números repartidos entre os seguintes materiais:
    • 2.909 en branco e negro.
    • 908 en branco e negro e cor.
    • 199 en cor.
    • Total: 4.016 materiales
  • No-Do para América Hispana: 1.504 números.
  • No-Do para Portugal: 1.500 números.
  • No-Do para Brasil: 566 números.
  • No-Do para IBERIA: 179 números.
  • No-Do para cultural: 42 números.
  • Revista Imágenes: 1.219 números.
  • Documentais en b/n: 216 números.
  • Documentais en cor: 498 números.

Fonte

Filmoteca Española

Bibliografía


Advertisements

About carenal

Biblioteca Concepción Arenal da Universidade de Santiago de Compostela

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s