Biblioteca Concepción Arenal, Noticias e novidades

Dez anos da Biblioteca Concepción Arenal

This slideshow requires JavaScript.

 

Nestes días que andamos, máis concretamente hoxe 14 de xaneiro de 2013, a Biblioteca Concepción Arenal cumpre 10 anos coma edificio e, sobre todo, coma unha nova orientación dentro da organización tradicional das bibliotecas do Campus de Santiago, na estela xa iniciada poucos anos antes pola Biblioteca Intercentros do Campus de Lugo.

Quedan lonxe os duros traballos, porqué non dicilo, de preparación dos espazos para acoller as coleccións a trasladar dende as antigas instalacións na Facultade de Dereito e na biblioteca de Políticas e RR. Laborais. As coleccións da Biblioteca instaláronse en libre acceso na súa totalidade, reunindo máis de 118.000 volumes de monografías e 1.180 títulos de publicacións periódicas.

Non menos duro foi o proceso de superación das lóxicas reticencias iniciais na asunción da idea, tanto pola parte do profesorado coma pola dos traballadores da biblioteca: uns e outros agardabámos expectantes cal ía ser o resultado desta nova concepción e se dende o momento da súa apertura teríamos usuarios nas novas instalacións.

Dende o principio, a Biblioteca tivo unha grande aceptación e os seus níveis de ocupación e uso superaron con moito as expectativas inicialmente previstas; como un dos datos máis significativos, a cifra das transacions de préstamo de 2003 duplican ás realizadas en anos anteriores. Cifras que foron en aumento cada ano.

O resultado está á vista e constitúe un motivo de satisfacción para toda a comunidade máis directamente afectada, o bule bule de usuarios é constante, os traballadores pensamos que os nosos temores iniciais quedaron atrás e felicitámonos por elo.

Coma fitos importantes, destacamos a apertura en 2004 da Aula Universia, con corenta equipos informáticos, inaugurada o 20 de xuño.

En 2006 a USC decidiu ofrecer os servizos en horario nouturno, que ata entón viña prestando a B. Xeral, durante as aperturas extraordinarias de exames na biblioteca Concepción Arenal, o que supuxo pasar das 349 prazas dispoñibles a case 1.000, o que xunto as prazas ofertadas pola biblioteca da facultade de Ciencias Económicas e Empresariais, no campus norte, mellorou sen dúbida os servizos prestados aos usuarios da Biblioteca Universitaria.

As sucesivas incorporacións de bibliotecas donadas por profesores vinculados á Universidade…

Aspiramos, xa que logo, a seguir a ser un referente no Campus e agardamos poder ofrecer ao longo do ano actividades, modestas dados os tempos que corren, pero que lembren como se merece a efemérides que celebramos.

Advertisements

About carenal

Biblioteca Concepción Arenal da Universidade de Santiago de Compostela

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

10º Aniversario da Biblioteca Concepción Arenal
Código QR

Estatísticas do blog

  • 12,290 visitas