Bases de datos, Ciencia política

Manifesto Project Database

Logo_trans_v2
 O Manifesto Project Database analiza as propostas electorais dos distintos partidos en máis de 50 paises ubicándoos a partir da súa análise no arco esquerda dereita. Pode consultarse por país ou por partido. A consulta é libre, pero para poder acceder aos documentos ou propostas electorais debemos loguearnos.

O mantemento da base de datos lévao o Manifesto Research Group/Comparative Manifestos Project (MRG/CMP), o Proxecto trata aspectos diferentes de actuación dos partidos así como a estrutura e desenvolvemento dos sistemas de partidos. Está baseado en análises de contido cuantitativas dos programas electorais en máis de 50 países que cobren todas as eleccións libres, democráticas dende 1945.

O proxecto de MRG/CMP pretende analizar cómo responden os partidos aos retos formulados nas democracias da OCDE e nas novas democracias de Europa Central e do Leste. Dentro deste contexto máis amplo, o Manifesto Research on Political Representation (MARPOR), examina especificamente a cualidade de representación programática comparando a ubicación esquerda-dereita de cada un dos partidos analizados a partir dunha serie de parámetros extraídos dos seus programas en cada confrontación electoral, polo que se pode ver a súa evolución ao longo do tempo.

Advertisements

About carenal

Biblioteca Concepción Arenal da Universidade de Santiago de Compostela

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s