Facultade de Dereito, Noticias e novidades, Novidades bibiográficas, Recursos web

A revista Dereito, agora en formato dixital

DereitoDesde o seu nacemento en 1992 Dereito : revista xurídica da Universidade de Santiago, é un vehículo para a reflexión sobre os grandes temas xurídicos do momento, cunha especial atención ao ámbito autonómico; consolidándose como un referente no panorama académico das revistas xurídicas e gozando dun sólido prestixio por parte das cualificacións externas de publicacións deste tipo.

No prólogo do seu Vol. 1 dise que esta “nace coa ilusión de atopar un espacio nos andéis das bibliotecas xurídicas”. Hoxe, vinte e un anos despois, o traballo e a constancia de todos os que colaboraron con ela sen dúbida lograron este propósito e é de agardar que este mesmo espírito permita que a revista atope tamén o seu espazo nos ainda más difíciles andéis do mundo virtual.

Abórdase así unha nova andaina para adecuala á realidade actual e, mediante o uso das novas tecnoloxías, chegar a un número de destinatarios moito máis amplo cunha maior rapidez na distribución. Con este obxectivo, e a partires do presente número Vol. 21, No 1, correspondente ao primeiro semestre de 2012 a revista Dereito pasa a editarse só en formato dixital.

Con este cambio, todos e cada un dos contidos de Dereito estarán a disposición de quen queira acceder a eles en formato dixital e de forma gratuita, cun embargo de seis meses despois de que un número se publique (o acceso é aberto dende o dominio usc.es), na páxina web da revista, desde a que se poden descargar os artigos ou subscribirse á versión dixital.

A revista deixa de publicarse así na súa versión en papel. Os que estean interesados en recibila poden subscribirse, individual ou institucionalmente, rexistrándose no propio portal e procedendo ao pagamento a través de paypal.

Recomendamos aos/ás lectores/as que se dean de alta no servizo de Alertas de publicación da revista para recibir notificacións de novos contidos, noticias…

No índice RESHDereito sitúase, no período 2005-2009, no posto 12 de 71 entre as revistas españolas de ciencias xurídicas de maior impacto.

Dereito : revista xurídica da Universidade de Santiago na Biblioteca Universitaria de Santiago

Advertisements

About carenal

Biblioteca Concepción Arenal da Universidade de Santiago de Compostela

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

10º Aniversario da Biblioteca Concepción Arenal
Código QR

Estatísticas do blog

  • 12,290 visitas