Personaxes

San Tomé de Aquino e o seu sistema de ensino: as Universidades

Teólogo e filósofo italiano. Ingresou na Orde Dominica tras vencer unha forte oposición familiar. En 1245 a Orde enviouno ao Estudio Xeral de París, onde coñeceu a Alberto Magno, co que mantivo estreita relación ata 1252. En 1256 obtivo o título de mestre en teoloxía, que lle permitiu ocupar unha das dúas cátedras rexentadas polos dominicos na Universidade de París. Tres anos despois volveu a Italia, onde residiu ata 1268 ensinando en diversas poboacións, sempre tras a corte pontificia. Cando en 1269 foi chamado de novo a París encontrouse cunha universidade axitada polas polémicas que suscitaban os averroístas, contra os que interviu. Os tres últimos anos da súa vida pasounos en Nápoles exercendo tamén a docencia. Morreu camiño de Lyon, onde lle pedira que fose o papa Gregorio X.

Froito da súa primeira estancia en París foron as súas obras De ente et essentia, o Comentario ao Libro das Sentenzas, as Quaestiones disputae de veritate e o libro I da Summa contra gentiles. Ao periodo comprendido entre 1259 e 1268 corresponden numerosos comentarios a Aristóteles, o Seudo-Dionisio, o remate da Summa contra gentes, o De regimine principum, varias Quaestiones quodlibetales e Quaestiones disputatae. En 1269 e 1272 compuso o De unitate intellectus contra averroistas, o De aeternitate mundi contra murmurantes, a continuación da Summa Theologica, as Quaestiones disputatae sobre el alma, as virtudes, etc. Da súa última estancia en Italia é a terceira e última parte da Summa Theologica e diversos comentarios a Aristóteles.

Dentro do panorama xeral do pensamento cristián, San Tomé de Aquino caracterízase polo seu decidido aristotelismo: ao elaborar a síntese de razón e fe utiliza a fondo as categorías mentais do Estagirita sen asumir todas as súas teorías, algunhas das que xulga incompatibles coa revelación, e outras ilóxicamente inferidas dos principios aristotélicos. Preside todo o seu esforzo interpretativo a firme convicción de que a razón e a fe, ainda sendo cada unha autónoma, son sempre conciliables e de feito coinciden nun buen número de puntos, os que chama praeambula fidei, que en conxunto tecen o esencial da filosofía cristiá.

Considerado santo pola Igrexa Católica. O seu traballo máis coñecido é a Suma Teológica, tratado no que pretende expoñer de modo ordenado a doutrina católica. Canonizado en 1323, foi declarado Doutor de la Igrexa en 1567 e santo patrón das universidades e centros de estudo católicos en 1880. A súa festividade celébrase o 28 de xaneiro.

Advertisements

About carenal

Biblioteca Concepción Arenal da Universidade de Santiago de Compostela

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s