Criminoloxía, Dereito penal, Noticias e novidades

Estudios Penales y Criminológicos

EPyCXa está dispoñible no portal Rev{USC} da Universidade de Santiago de Compostela o Vol. 32 (2012) de Estudios Penales y Criminológicos, publicación elaborada baixo a coordinación do Instituto de Criminoloxía da nosa Universidade. Este último número de EPyC é, por outra banda, o primeiro dos publicados pola revista en soporte exclusivamente electrónico. Súmase, xa que logo, ao proceso iniciado hai unhas semanas pola USC para a transición desde o modelo tradicional de revista científica publicada en papel ao novo paradigma de publicación dixital, sen soporte físico concreto, e que utiliza como medio de difusión as diferentes canles, comunidades e plataformas xa solidamente establecidos na rede de redes.

EPyC (na súa primeira etapa titulada simplemente Estudios penales) alcanza así os 35 anos de vida. Na presentación do seu N. 1 (1976/1977), o por aquel entón Catedrático de Dereito Penal da USC, Agustín Fernández Albor, declaraba o seu desexo de que a nova publicación servise para levar á opinión pública as inquedanzas que alentan a boa parte da doutrina científica no ámbito do dereito penal, a criminoloxía e a ciencia penitenciaria, mantendo como aglutinante común que todas as cuestións tratadas fosen temas de gran actualidade. A longa vida da revista e a súa cada vez máis ampla difusión parece confirmar que este obxectivo cumpriuse. En efecto, EPyC aparece indexada en Westlaw, Criminal Justice Abstracts, TOC Premier, ISOC, Dialnet, Latindex, etc. e está presente nas coleccións das bibliotecas dunha ampla maioría das universidades españolas nas que se imparte algunha titulación relacionada co seu ámbito temático. Ademais, segundo o índice RESH, EPyC situouse no período 2005-2009 no posto 9 de 28 entre as revistas españolas de dereito penal e procesal de maior impacto. Este impacto científico é un indicador calculado en función das citas recibidas en 400 revistas españolas de ciencias sociais, máis as recibidas polas publicacións indizadas na Web of Science

Estudos penales y criminológicos publica orixinais en español e inglés (aínda que o Consello de Redacción pode aceptar excepcionalmente a publicación de traballos en galego, portugués, alemán ou italiano) sobre calquera das especialidades relativas á criminoloxía e materias afines (dereito penal, medicina legal, dereito administrativo sancionador, dereito penitenciario, psicoloxía criminal, psiquiatría criminal, victimoloxía, socioloxía criminal, política criminal, etc.), coexistiendo nas súas páxinas artigos adicados a un tema monográfico —establecido para cada número pola redacción da revista— con outros de tema libre, incluíndo tamén a posibilidade de que todo o número teña un carácter misceláneo.

Con este número 32 Estudios penales y criminológicos busca temén reforzar o seu obxectivo de difusión do coñecemento científico crítico e de unión entre Europa e o continente americano, especialmente con latinoamérica, buscando publicar traballos multidisciplinares que saquen á luz problemas sociais contemporáneos.

Recomendamos aos/ás lectores/as que se dean de alta no servizo de Alertas de publicación da revista para recibir notificacións de novos contidos, noticias…

Consultar os índices da revista en Dialnet

Advertisements

About carenal

Biblioteca Concepción Arenal da Universidade de Santiago de Compostela

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s