Personaxes

Clara Campoamor

clara-campoamorSeñores diputados, (…) tenéis el derecho que os ha dado la ley, la ley que hicisteis vosotros, pero no tenéis el derecho natural fundamental, que se basa en el respeto a todo ser humano, y lo que hacéis es detentar un poder; dejad que la mujer se manifieste y veréis como ese poder no podéis seguir detentándolo… (Discurso de Clara Campoamor nas Cortes o 1 de outubro de 1931)

Hoxe cúmprense 125 anos do nacemento de Clara Campoamor Rodriguez (Madrid, 12 de febreiro de 1888 – Lausanne, 30 de abril de 1972), política española defensora dos dereitos da muller.

Foi unha pionera da militancia feminista. Procedente dunha familia modesta, estudou a carreira de Dereito ao mesmo tempo que traballaba, e licenciouse na Universidad de Madrid en 1924. As súas inquedanzas polìticas levárona a aproximarse aos socialistas, e a fundar unha Asociaciòn Femenina Universitaria. En 1931 formou parte da Comisión Constitucional, destacando na discusión que levou a aprobar o artigo 34 do proxecto da Comisión de Constitución (36 na redación definitiva), no que se recoñecía, por primeira vez, o dereito ao voto das mulleres.

A primeira vez que se recoñeceu en España o sufraxio feminino foi na Constitución de 1931 da Segunda República Española, anque nas eleccións a Cortes Constituintes de xuño de 1931 que se realizaron por sufraxio universal masculino, ás mulleres recoñecéuselles o dereito ao sufraxio pasivo, polo que puideron presentarse como candidatas. Anque só tres mulleres resultaron elixidas (Margarita Nelken nas listas do Partido Socialista Obrero Español, Clara Campoamor nas do Partido Republicano Radical e Victoria Kent nas do Partido Radical-Socialista) tiveron un destacado protagonismo, especialmente as dúas últimas, no debate sobre a concesión do dereito ao voto ás mulleres.

(…) Resolved lo que queráis, pero afrontando la responsabilidad de dar entrada a esa mitad de género humano en política, para que la política sea cosa de dos, porque solo hay una cosa que hace un sexo solo: alumbrar; las demás las hacemos todos en común, y no podéis venir aquí vosotros a legislar, a votar impuestos, a dictar deberes, a legislar sobre la raza humana, sobre la mujer y sobre el hijo, aislados, fuera de nosotras. (“El voto femenino y yo“. Editorial Horas. Madrid, 2006, p. 107)

Clara Campoamor, foi unha gran valedora da igualdade dos dereitos da muller, publicando numerosos escritos na súa defensa, como o dereito feminino en España en 1936, ou a situaciòn xurìdica da muller española en 1938.

Discurso de Clara Campoamor no Congreso (1 de outubro de 1931)

Obras de Clara Campoamor na Biblioteca Universitaria

Filmografía

Advertisements

About carenal

Biblioteca Concepción Arenal da Universidade de Santiago de Compostela

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

10º Aniversario da Biblioteca Concepción Arenal
Código QR

Estatísticas do blog

  • 12,423 visitas