Dereitos civís, Socioloxía, Tecnoloxías da información

Arredor do dereito ao esquecemento

dereitoesquecemento2

«A ciencia do olvido non está no noso poder»
Michel de Montaigne (Ensayos, II, xii; 1580)

Proposta de Regulamento do Parlamento Europeo e do Consello relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación destes datos: Cidadania, protección de datos, memoria e «buracos do esquecemento».

As novas tecnoloxías da información e a comunicación supoñen importantes cambios en tódolos ámbitos da vida cotián, así como nos distintos aspectos que teñen que ver ca mesma. Neste senso o dereito ten que encararse con novas regulacións en vellas cuestións que tórnanse esbaradizas cando se trata do mundo virtual.

Dende finais de xaneiro a Comisaria de Xustiza, Dereitos Fundamentais e Cidadanía da Comunidade Europea, Vivian Reding presentaba un non tan novo dereito á privacidade o «dereito ao esquecemento» dentro da Proposta de Regulamento do Parlamento Europeo e do Consello relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación destes datos. Este dereito é unha ferramenta que permite as persoas escapar do seu pasado borrando toda pegada na rede (por mais que a propia natureza da tecnoloxía da rede faga imposible, en última instancia, borrar os datos publicados e almacenados nela).

Os problemas e diverxencias que afloran nesta complexa e difusa proposta, que percorren polo demais o Atlántico, dende Europa ós USA, son moitas e moi variadas. Seleccionamos aquí tres, con vistas ó debate:

  • En primeiro lugar, visto dende o mundo das bibliotecas, este dereito estaría conculcando, ou cando menos subordinando a el, en moitos supostos, o «dereito a liberdade de información», que é, sen dúbida, un dos motores da democracia.
  • En segundo lugar, de establecerse este «dereito ao esquecemento», debería antes garantirse que pugne en igualdade de condicións, de xeito equitativo e non con clara avantaxe, co «principio de transparencia informativa», tan importante para a preservación doutros moitos dereitos fundamentais.
  • En terceiro lugar, cabe preguntarse: qué pasa coa «memoria histórica» e a «preservación dos datos para xeracións futuras»? Aínda que no documento e proposta presentados figuren como ámbito ou campo de excepción, non se lle presta neste papel a atención adecuada, non se fala de regulamentos ó respecto, nin das garantías debidas (un auténtico «burato negro» nesta proposta, polo demais, tan proteccionista e garantista).

Dereitoesquecemento1Está claro que o regulamento trata de batallar coa rede, un ente de visibilidade global e container de información líquida en bucle. Agora ben, o que se pon en cuestión dende as organizacións profesionais da memoria –arquivos, bibliotecas e museos— é o perigo dun «delete» dixital, que pode conlevar (a) que o regulamento e xestión dos «buracos da memoria» quede en mans do «Ministro da Verdade» de turno (1984, George Orwell ). (Remitimos á definición que fai deles a Wikipedia [pasada ó galego]: «Un buraco da memoria é un mecanismo que permite a alteración ou a desaparición daqueles documentos incómodos ou embarazosos, de imaxes, transcricións ou outros rexistros, coa particularidade de dar a impresión que algo non aconteceu ningures».)

Polo tanto, o «dereito á privacidade» está ben, debe ser defendido, forma parte do paquete das reivindicacións das sociedades burguesas modernas (quizais de sempre), debe ser preservado, regulado, desenrolado e garantido con novos e eficaces instrumentos (por mais que –con decepción para quen lea o texto— [se ve que] neste documento quede orientado dito dereito a marcos e contextos de puro mercado). Está ben, pero sempre e cando, en paralelo, simultaneamente, se garantan os tres puntos mencionados: dereito a liberdade de expresión, transparencia informativa e preservación da memoria histórica, igualmente modernos e gañados social e historicamente a pulso, pois, como dixo o clásico, «a ciencia do esquecemento non está no noso poder» (unha autoridade aquí, pois el mesmo declárabase «desmemoriado» e reivindicaba o dereito a «non arrepentirse» endexamais: cada quen debe ser responsable dos datos que introduce na rede, isto ten que ver coa «maioría de idade» que se gañou no século XVIII, coa Ilustración, clave da Modernidade).

Lourdes Pérez González

Para máis saber:

Advertisements

About carenal

Biblioteca Concepción Arenal da Universidade de Santiago de Compostela

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s