Biblioteca Concepción Arenal, Noticias e novidades

A Biblioteca en Cifras 2012

biblioteca en cifras 2012Acabamos de facer pública a presentación A Biblioteca en Cifras 2012 onde comentamos os datos máis salientables de 2012:

Orzamento

  • O orzamento para libros da biblioteca pasou dos 33.690 € en 2011 a 33.453 € en 2012 maténdose basicamente a capacidade de compra. O que si descendeu significativamente foi a aportación de centros, departamentos e proxectos para monografías, que baixou de 86.494 € en 2011 fronte a 62.065 € en 2012, o que representa un 23,25% menos.
  • Polo que respecta ao orzamento de revistas, a aportación da biblioteca reduciuse lixeiramente pasando de 62.570 € en 2011 a 60.191€ en 2012. Sen embargo baixou significativamente a achega de decanatos, departamentos, institutos e distintos proxectos descendendo de 30.989 € en 2011 a 3.247 € en 2012, producíndose polo tanto una redución significativa (89,5%).

Colección

Debido á redución orzamentaria puidemos comprar menos manuais e bibliografía básica, e tamén continuou a redución da publicacións periódicas en curso, producíndose polo tanto una redución significativa.

Préstamo

O ano 2012 foi o de maior préstamo na historia da nosa Biblioteca. A pesares do menor número de libros adquiridos (810 menos), pasamos de 45.468 préstamos en 2011 a 46.398 en 2012; o 12,8% dos préstamos do conxunto das Bibliotecas da USC faise na nosa Biblioteca.

Estamos moi satisfeitos do uso que os alumnos fan da colección bibliográfica e das instalacións da Biblioteca.

Formación

Ao longo do ano a Biblioteca continuouse co calendario de formacións para alumnos de primeiro curso de Grao. Contamos coa colaboración dos Decanatos así como dos profesores responsables de Grao e curso que nos ceden as súas horas de clase para impartir estas formacións e motivan ao alumnado para que asistan.

Como cada ano, a Biblioteca participou na Xornada de acollida que os Decanatos organizan para o novo alumnado na que, a través dunha amena presentación, puideron coñecer as nosas instalacións, coleccións e servizos.

Advertisements

About carenal

Biblioteca Concepción Arenal da Universidade de Santiago de Compostela

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

10º Aniversario da Biblioteca Concepción Arenal
Código QR

Estatísticas do blog

  • 12,423 visitas