Bases de datos, Noticias e novidades

Base de datos xurídica HeinOnline

HeinonlineA Biblioteca ofrece o acceso para toda a Universidade a unha nova base de datos xurídica: HeinOnline.

O paquete subscrito é o Internacional Básico, un dos máis populares fóra dos Estados Unidos e que permite a consulta a texto completo e en pdf (copia por tanto do orixinal) de:

Law Journal Library, con mais de 1,500 publicacións seriadas. Inclúen todos os números desde o inicio ata o ano anterior ou ano en curso (segundo o embargo pactado cos editores). Algúns títulos máis coñecidos:
International and Comparative Law Quarterly
Modern Law Review
Cambridge Law Journal
International Legal Materials
Foreign Affairs
American Society of International Law Proceedings

World  Constitutions Illustrated. Para cada país inclúese:

  • Constitucións vixentes e históricas, que inclúe o texto e idioma orixinal.
  • Comentario sobre o desenvolvemento constitucional.
  • Libros de referencia sobre o desenvolvemento do goberno.
  • Enlaces directos aos capítulos específicos nos clásicos libros constitucionais.
  • Ligazóns a máis de 1.800 artigos académicos, escollidos polas nosas editoras.
  • Ligazóns a outros recursos en liña, tales: Portals of the World (Portais do Mundo), World Fact Book.(Libro Mundial de Datos), Globalex, Wikipedia, etc.
  • Bibliografía de libros selectos constitucionais.

Foreing & International Law Resources Database, con máis de 55 anuarios internacionais, relatos curtos de dereito estadounidense, publicacións da Corte de Xustiza Internacional da Haia, e os “Reportes de Premios Arbitrais Internacionais”. Máis de 1 millón de páxinas en 1.800 tomos.

Legal Classics, inclúe máis de 1.800 obras recoñecidas na historia, entre os que están Joseph Story, Jeremy Bentham, William Blackstone, Henry Maine, Frederick William Maitland, Frederick Pollock, Benjamin E. Cardozo e moitos máis. Inclúe tamén obras inéditas que se localizan en poucas bibliotecas do mundo. A colección enfócase ao dereito constitucional, dereito comparado e ciencia política.

English Reports, Full Reprint (1220-1865), edición electrónica que dá imaxes exactas da edición da
reimpresión orixinal. Contendo máis de 100.000 dos casos máis relevantes de Inglaterra que deron
base ás leis das nacións baixo o Imperio Británico e influíron no desenvolvemento lexislativos en moitos países.Ÿ

United Nations Law Collection, contén reproducións exactas das maiores publicacións legais da ONU, incluíndo a colección completa de United Nations Treaty Series (Serie de Tratados da ONU), League of Nations Treaty Series (Serie de Tratados da liga de Nacións), Monthly Statement of Treaties & International Agreements (Estado Mensual de Tratados e Acordos Internacionais), publicacións de UNCITRAL, United Nations Legislative Series (Serie lexislativa da ONU), e moitas máis.

Advertisements

About carenal

Biblioteca Concepción Arenal da Universidade de Santiago de Compostela

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

10º Aniversario da Biblioteca Concepción Arenal
Código QR

Estatísticas do blog

  • 12,423 visitas