Novidades bibiográficas, Propiedade intelectual

Propiedad intelectual, investigación y tesis doctorales

9788415664123Unha sentenza da Sala do Civil do Tribunal Supremo, ven de ratificar a da Audiencia Provincial de Valencia, de maio de 2010, na que se declarou como culpable  a un catedrático de Dereito Mercantil da Universidad de Murcia, polo plaxio de parte da tese de doutoramento dunha das suas doutorandas, vulnerando os dereitos de propiedade intelectual.

Esta nova, ven a conto xa que hoxe queremos presentarvos un interesante libro publicado recentemente e que pasou a formar parte dos nosos fondos bibliográficos: Propiedad intelectual, investigación y tesis doctorales (IDIUS-8535), de Isabel Cecilia Castillo Vázquez (Marcial Pons, 2013).

A investigación é un longo e duro proceso cuxos resultados publícanse normalmente en revistas científicas, de ordinario a través de artigos breves e concretos, nos que a redacción ou expresión formal conta pouco, incluso moi pouco, sempre e cando sexa intelixible. Por outra banda, a investigación en sí mesma considerada carece do concepto esencial de «obra». Esta realidade plantexa importantes interrogantes xurídicas aos que se trata de dar resposta neste traballo.

As teses de doutoramento son creacións orixinais do xénero científico, e son ademáis obras literarias, en canto que están expresadas mediante linguaxe escrita.

Baixo esta perspectiva examínanse as contornas da propiedade intelectual sobre a participación dos directores nas teses de doutoramento. Tamén desde este prisma, analízanse formas novidosas de teses de doutoramento, tales como as compendiadas con artigos de investigación escritos en coautoría, ou froito de contratos de investigación realizados con empresas que someten aos seus investigadores a ríxidas cláusulas de confidencialidade, enfrentándose deste xeito aos criterios comúns de divulgación e comunicación pública que caracterizan a investigación en xeral e as teses de doutoramento en particular.

Consultar índice e primeiras páxinas

Advertisements

About carenal

Biblioteca Concepción Arenal da Universidade de Santiago de Compostela

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

10º Aniversario da Biblioteca Concepción Arenal
Código QR

Estatísticas do blog

  • 12,423 visitas