Noticias e novidades, Varios

Índice H das revistas científicas españolas segundo Google Scholar Metrics (2007-2011)

fotoblog7417Hoxe damos conta dun interesante artigo sobre o impacto de revistas científicas españolas publicado por Emilio Delgado López-Cózar, Juan Manuel Ayllón Millán e  Rafael Ruiz Pérez do grupo EC3 da UGR, grupo de avaliación da ciencia e da comunicación científica, Índice H de las revistas científicas españolas según Google Scholar Metrics (2007-2011).

Os dous criterios utilizados por Google Scholar Metrics para incluir revistas no seu producto son: contar con 100 traballos publicados e ter, alomenos, unha cita.  Con estes criterios identificáronse  901 revistas, das que 397 son de Ciencias Sociais, 212 de Arte e Humanidades, 189 de Ciencias da Saúde e 105 de Ciencias Naturais e Enxeñarías. As revistas preséntanse por disciplinas e ordenadas segundo o seu índice H, contendo tamén a mediana H. Estes indicadores son os máis utilizados ultimamente para medir o impacto tanto das publicacións periódicas como das publicacións dos diferentes autores, boa explicación de cómo se obtén na Universidad de Sevilla , uns exemplos:

Índice H: se a revista tivera nove artigos en total e os números de citas que recibiron nos últimos cinco anos foran respectivamente 37, 14, 11, 7, 5, 4, 3, 2 e 2, o Índice-h sería igual a t=5, xa que 5 dos 9 artigos teñen polo menos 5 citas, á vez que ningún dos restantes 4 non superan as 5 citas.

Mediana H: Neste caso, o Núcleo-h está conformado por 5 artigos (aqueles que recibiron 37, 14, 11, 7 e 5 citas respectivamente). A mediana deses 5 valores, 11 neste exemplo, é un indicador que se agrega complementariamente ao valor do Índice-h.

Se comparamos as 50 revistas que aparecen neste listado con maior índice h coas clasificadas como tipo B no CIRC: Clasificación Integrada de Revistas Científicas, observamos que só aproximadamente o 50% teñen esta clasificación (o resto serían tipo C), e desas B, tamén aproximadamente o 50% teñen acceso libre a texto  completo, a maioría de administracións públicas e de universidades, polo que vemos que non sempre maior impacto está relacionado con revistas de pago.

Advertisements

About carenal

Biblioteca Concepción Arenal da Universidade de Santiago de Compostela

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s