Biblioteca Concepción Arenal, Literatura, Noticias e novidades, Premios e bolsas

I Concurso de Microrrelatos en lingua galega

Diapositiva1Para conmemorar o Día das LETRAS GALEGAS 2013, a Biblioteca Concepción Arenal, en colaboración co Servizo de Normalización Lingüística da USC, convoca o I Concurso de Microrrelatos en lingua galega.

Premios

  • O  primeiro premio será galardoado cun lote de libros de narrativa de Edicións Xerais.
  • Un accésit dotado cun lote menor de libros, tamén de Xerais.

Bases

I Concurso de Microrrelatos en lingua galega

  • Poden participar todos os membros e colectivos da USC (alumnado, PAS, PDI).
  • Os textos terán unha extensión máxima de 200 palabras.
  • Os textos enviaranse por correo electrónico ao seguinte enderezo: derprest@usc.es, indicando no asunto: I Concurso de Microrrelatos.
  • Os orixinais presentaranse co título do relato e o pseudónimo do autor ou autora, como arquivo adxunto. No correo de remisión, faráse constar o nome do autor ou autora, o colectivo (alumnado, PAS, PDI) e teléfono e enderezo electrónico de contacto.
  • A data límite de presentación de relatos será o 5 de maio de 2013 ás 24 h.
  • O concurso será fallado o 16 de maio de 2013.

Finalmente, agradecer a Edicións Xerais a doazón de libros para a dotación dos premios.

Advertisements

About carenal

Biblioteca Concepción Arenal da Universidade de Santiago de Compostela

Conversa

One thought on “I Concurso de Microrrelatos en lingua galega

  1. Paréceme unha estupenda idea. Ogallá se descubra o futuro dun gran narrador! A custe cero producides novas ideas e contribuídes a creación de novo coñecemento, ademais de organizalo, localizalo e difundilo. Felicidades.

    Posted by Xosé A. Regos | 26 Abril 2013, 08:30

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s