Biblioteca Concepción Arenal, Noticias e novidades, Varios

Relaxación e meditación na Biblioteca

meditacion-02
Andas cansa polos exames? Estás estresado?

A Biblioteca Concepción Arenal, a través da Fundación USC Deportiva, ofréceche a posibilidade de relaxarte e conseguir ferramentas para que practiques a meditación nestes momentos de maior esforzo, co final de curso ás portas.

Dende hai máis de 3000 anos, as culturas orientais traballan con diferentes sistemas de meditación, concentración e relaxación para o adestramento da mente e do corpo. Hoxe en día, estes sistemas, ensinanzas ou técnicas son utilizados en Occidente como terapia para o tratamento da ansiedade, do estrés ou da depresión, así como para o estudo do funcionamento do noso cerebro.

As sesións prácticas de meditación, que son de balde, serán de vinte minutos aprox. e terán lugar na Sala de descanso da Biblioteca, a partir do luns 6 de maio durante dúas semanas consecutivas, nos seguintes horarios:

Mañás ás 11.30

  • Maio: luns 6, martes 7, martes 14 e mércores 15

Tardes ás 16.30

  • Maio: luns 6, mércores 8, luns 13 e mércores 15

Para anotarse: Faremos grupos de 20/25 persoas, que serán inscritas por orde de solicitude; dá o teu nome no mostrador da BIBLIOTECA CONCEPCIÓN ARENAL, manda un correo cos teus datos indicando quenda de mañá ou de tarde a derprest@usc.es, ou chama ao 881 815 210! 

Así de sinxelo!

Colabora:     FuscD3T

Advertisements

About carenal

Biblioteca Concepción Arenal da Universidade de Santiago de Compostela

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

10º Aniversario da Biblioteca Concepción Arenal
Código QR

Estatísticas do blog

  • 12,486 visitas