Biblioteca Concepción Arenal, Varios

Reutilización e deseño de complementos, labor de gancho e calceta

cartazTRIPLEDentro do ciclo de recuperación de Saberes Tradicionais que está a realizar a Oficina de Desenvolvemento Sostible, a Biblioteca Concepción Arenal vai albergar o próximo martes, 7 de maio, unha sesión práctica na que se van combinar xastrería, ganchillería e calceta, obradoiros enmarcados no Ciclo de Recuperación de Saberes Tradicionais de USC en Transición.

Reutilización e deseño de complementos

Impartido por Paula Tubío, autora do blog A Gata Moscovita, que nos vai guiar nun Obradoiro de reutilización de roupa ofrecendo alternativas ao modelo actual de consumo e para desenvolver a nosa creatividade. Os obradoiros serán de 10 a 12h e de 17 a 19h.

Labor de gancho

Na mesma liña, Lucía Ruiz de Aguirre, de Yarnbombing Coruña, guiaranos nun Obradoiro de labor de gancho e a súa impactante acción na sociedade urbana. O obradoiro será de 10 a 12h.

Calceta

E para non perder o fío, Rocío Candales, do grupo de calceta da cooperativa As Dúas, enrredarános para non esquecer este labor a través dun obradoiro de calceta. Os obradoiros serán de 10 a 12h e de 17 a 19h.

Todos os obradoiros terán lugar na Sala de descanso da Biblioteca Concepción Arenal o día 7 de maio.

Inscricións

  • Mandando un correo a plands@usc.es, incluíndo nome completo, enderezo electrónico, teléfono de contacto, obradoiro no que se quere participar e, de ser o caso, colectivo da USC ao que se pertence, e centro de estudos ou traballo.
  • Prazas limitadas, mínimo 5 e máximo 12 participantes por sesión.
  • Prioridade aos membros da USC.
  • Prazo de inscrición ata o 6 de maio ás 12 horas.
Advertisements

About carenal

Biblioteca Concepción Arenal da Universidade de Santiago de Compostela

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

10º Aniversario da Biblioteca Concepción Arenal
Código QR

Estatísticas do blog

  • 12,744 visitas