Biblioteca Concepción Arenal, Exposicións, Varios

Cantares Gallegos

Rosalia1

Este ano celebramos o 150 aniversario da publicación da obra de Rosalía de Castro Cantares Gallegos, obra auroral da literatura galega que viu a luz en 1863. A proposta da Biblioteca Concepción Arenal da USC nesta semana das Letras Galegas é amosar un exemplar da primeira edición.

Rosalia2

E acompañámolo dunha pequena exposición de moitas das edicións que se fixeron con posterioridade, coas que conta a biblioteca da USC, co que pretendemos amosar a vixencia desta obra de Rosalía no século XXI e alentar o seu aprecio por parte do público galego e non galego de todas as xeracións.

Rosalía de Castro contribuíu como ningún outro autor ou autora do seu tempo na xénese e afirmación do sistema literario galego contemporáneo. A publicación de Cantares gallegos en 1863 supuxo un remuíño decisivo na súa obra, pero tamén un golpe estratéxico de enorme transcendencia para o futuro das letras galegas. Era o primeiro libro escrito integramente en galego e nel se contiñan as claves da alegoría nacional da Galicia contemporánea, logo redimensionadas en Follas novas, obra coa que acabou por selar o vigor e a fortaleza do incipiente sistema. A importancia deste libro e desta data é subliñada historicamente cando a Real Academia Galega decide escoller o 17 de maio, en coincidencia co centenario da súa publicación, para instaurar o Día das Letras Galegas. […]

http://www.xerais.es/libro.php?id=3269989

Rosalia4

Ver a versión dixital da primeira edición de Cantares gallegos, publicada en Vigo en 1863, elaborada polo CCG, co gallo do 150 aniversario desta publicación que inaugura a nosa literatura contemporánea.

O exemplar que amosamos na Biblioteca pertence a Paula Bouzas Rosende, Licenciada en Filoloxía Galega pola Universidade de Santiago de Compostela e Profesora da Universidade de Göttinguen (Alemaña).

Rosalia3

Advertisements

About carenal

Biblioteca Concepción Arenal da Universidade de Santiago de Compostela

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s